A Arnoia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Proba de Bot - Corrección noreste -> nordeste; cambios estética
Liña 48:
|}
 
== Xeografía ==
Limita ao noroeste con [[Ribadavia]], ao norlestenordeste con [[Castrelo de Miño]], ao leste con [[Cartelle]], ao sueste con [[Gomesende]] e ao suroeste con [[Cortegada]]. Localízase na unión do [[río Arnoia]], que divide o concello en dúas partes, co [[río Miño|Miño]].
 
A zona norlestenordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de [[piñeiro]]s e frondosas. O canón do [[río Arnoia]] é escarpado e con fervenzas.
 
Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de [[sobreira]]s de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de [[Cartelle]]. Ás veces chegan peladores furtivos [[Portugal|portugueses]] a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.
Liña 57:
A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m.
 
== Historia ==
As primeiras probas da poboación detes lugar é o abrigo paleolítico de "os Chaos",baixo o aleiro dun penedo, situado na desembocadura do río Arnoia no Miño.
Hai restos de [[castro (poboado)|poboados castrexos]] da [[Idade do Bronce]]. O [[castro de Lapela]] está nun outeiro a carón da desembocadura do Arnoia. Na súa acrópole ten dúas pilas megalíticas. O castro de Carnós, ou da Cibdade, ten unhas dimensións de 200 x 170 m, sen contar cos foxos.
 
En agosto de [[1978]] foron atopadas dúas [[Altar|araaras]]s romanas<ref>"Dos nuevas aras romanas en la provincia de Ourense". ''La Región'', 26 de agosto de 1978</ref>, conservadas no museo provincial. Son dúas aras votivas de granito, atopadas en Sendín. Unha ten a inscrición ''IOVI'' ("a [[Xúpiter]]"), e a outra ''SOLI'' ("ao [[Sol]]")<ref>[[Julio Rodríguez González|Rodríguez González, J.]]: ''Boletín Auriense''. Tomo IX (1979) pp. 289-293"</ref>. Que nos indica unha forte romanización do val, xa [[Florentino López Cuevillas]] teoriza con que se atopase un santuario prerromano no Coto Novelle, lugar de onde se extraía [[volframio]].
 
No seu libro ''Historia de Celanova y sus anejos'' o P. De la Cueva, no [[século XVII]], fala dos restos dun mosteiro en Outeirocruz que se fundara estando vivo [[San Rosendo]] e que ditas terras lle foran doadas polo seu irmán Hermenexildo Gutiérrez (do cal se conserva en Celanova unha pequena capela prerrománica) e fundara un pequeno cenobio.
Liña 79:
En menor número outros veciños dirixíronse a Venezuela, México, Brasil, Suíza, Alemaña, Francia, e mesmo Holanda e o Reino Unido. Tamén cara ás zonas máis industriais da península, como Madrid, Vitoria e Barcelona, e mesmo de Galiza, como Vigo. Actualmente segue baixando a poboación rural debido á falla de horizontes económicos viables.
 
== Alcaldes ==
* [[Ramón Rodríguez Alonso]] (1900-1910)
* [[Manuel Alonso Rodríguez]] (1911-1915)
* [[José Álvarez Rivera]] (1915-1917)
* [[Manuel Alonso Rodríguez]] (1918-1922)
* [[Lorenzo Vázquez Rodríguez]] (1923)
* [[Emilio Vázquez Vázquez]] (28 de outubro de 1923 a 20 de xaneiro de 1924)
* [[Evencio Álvarez Bangueses]] (20 de outubro de 1924 a febreiro de 1936)
* [[José Meixengo Pereira]] (febreiro de 1936 a xullo de 1936)
* [[Evencio Álvarez Bangueses]] (xullo de 1936 a 4 de xullo de 1938)
* [[Emilio Vázquez Domínguez]] (4 de xullo de 1938 a 6 de febreiro de 1940)
* [[Delfín Moure Lorenzo]] (6 de febreiro de 1940 a 15 de marzo 1944)
* [[José Aparicio Álvarez]] (15 de marzo 1944 a 10 de outubro 1958)
* [[Manuel Vázquez Domínguez]] (10 de outubro 1958 a 25 de setembro 1962)
* [[José Alberte Rey]] (25 de setembro 1962 a 5 de outubro 1966)
* [[Perfecto Álvarez Bangueses]] (5 de outubro de 1966 a 3 de xullo de 1973)
* [[Rafael Bangueses Bangueses]] (3 de xullo de 1973 a 3 de abril de 1979)
* [[Rogelio Martínez González]] (desde o 3 de abril de 1979)
 
== Patrimonio ==
A '''igrexa parroquial de San Salvador''' foi construída en [[1612]], segundo se le nunha inscrición da fachada. O seu retablo, de construción popular, é obra dun carpinteiro local. Destaca unha fiestra románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior hai dous escudos de armas, un deles da Inquisición.
 
Liña 111:
Fora promovida xa cara a 1929 poloa colonia emigrante en [[Montevideo]], para regular as horas de rego. Pero non foi até [[1945]] cando se reflectiu a doazón do reloxo público da Torre por parte do Centro Arnoia de Montevideo.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes da Arnoia}}
 
Liña 121:
</gallery>
 
== Parroquias ==
Hai anos o concello compúñase de tres parroquias: A Arnoia, Remuiño e Sande, máis tarde quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuiño, e desde hai pouco todo o concello forma unha única parroquia.
{{A Arnoia}}
 
== Lugares da Arnoia ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Arnoia vexa: [[Lugares da Arnoia]].
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|A Arnoia}}
{{ConcellosRibeiro}}
Liña 141:
[[Categoría:A Arnoia]]
[[Categoría:Cidades termais]]
 
[[Categoría:Concellos de Galicia sen imaxes da casa do concello]]