Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Guía/Rexistro»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 29 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q10973921)
{{Wikipedia:Guía/Lapelas-cabeceira|Esta=8}}
<div style="border:2px solid #A3B1BF; padding:.5em 1em 1em 1em; border-top:none; background-color:#fff; color:#000">
O '''[[Axuda:Rexistro|rexistro]] dun nome de usuario''' é opcional, pero animámoste a facelo.
 
Calquera persoa pode contribuír na Wikipedia, e pode elixir se rexistrarse ou non. Porén, se posúes un nome de usuario rexistrado poderás acceder a máis funcionalidades do wiki. Estes son algúns dos motivos:
 
* Unha conta de usuario dáche unha identidade, coa que os demais usuarios te recoñecerán. Se non te rexistras, as túas contribucións quedarán identificadas mediante o teu [[enderezo IP]], e os enderezos IP non permiten unha identificación correcta. Se adoitas conectarte dende ordenadores en diferentes localizacións, terás diferentes enderezos IP en cada caso; mesmo desde un mesmo lugar poderías ter diferentes IP dependendo da conexión á internet. Tamén pode ser que o teu provedor de internet cambie o teu enderezo IP ao cabo dun tempo. Debido a isto, un nome de usuario é moito mellor para manter unha identidade na Wikipedia.
Ao crear unha conta de usuario terás máis opcións de edición, ademais de [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias de usuario]]. Unha característica práctica é a lista de vixilancia, que fai máis doado o seguimento dos cambios feitos en páxinas que che interesan. Outra é a capacidade de [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|mover ou renomear unha páxina]] (non movas páxinas copiando e pegando os contidos dado que o historial de revisións non se conservará; no canto diso, pide a axuda doutro usuario [[Wikipedia:A Taberna (axuda)|na Taberna]]).
* Dado que un mesmo enderezo IP pode ser usado por varios computadores, pode confundirse o teu enderezo IP co dun [[Wikipedia:Vandalismo|vándalo]], de xeito que poderían reverterse as túas edicións lexítimas. No peor dos casos, poderías compartir o enderezo IP co dun [[Wikipedia:Política de bloqueo|usuario bloqueado]], o que faría que non puideses editar na Wikipedia durante un tempo.
* Os enderezos IP non teñen por que ser estáticos, e podería ser que ao cabo dun tempo o teu enderezo IP cambie.
* Poderás vixiar páxinas e facer un seguimento delas grazas á ''lista de vixilancia''.
* Se escolles dar un enderezo de correo electrónico, os outros usuarios poderán pórse en contacto contigo por esta vía. Esta funcionalidade é anónima (os usuarios que che envíen correos non saberán o teu enderezo) e opcional.
* Poderás [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|mover páxinas]].
* Poderás participar nas [[Wikipedia:Votacións|votacións]] en canto acades os requirimentos mínimos.
* Marcar unha edición como pequena.
* Poderás establecer as túas [[Especial:Preferencias|preferencias]] e facer cousas como:
** Usar os [[Wikipedia:Trebellos|trebellos]] dispoñibles. Por exemplo, o [[Wikipedia:Revisor ortográfico|revisor ortográfico]] e [[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]].
** Cambiar o número de páxinas mostradas nos [[Axuda:Cambios recentes|cambios recentes]].
** Cambiar as fontes, as cores e o deseño do sitio usando diferentes aparencias.
** Establecer o teu sexo (home ou muller) para que as mensaxes da interface da Wikipedia se amosen de acordo co teu sexo.
* Tamén terás a túa [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxina de usuario]] e a túa [[Wikipedia:Páxina de conversa|conversa de usuario]].
 
Un usuario non rexistrado identifícase polo [[enderezo IP]] do seu computador, sendo este o identificador público que se gardará se realiza algunha contribución (e ao asinar os comentarios). O teu enderezo IP pódese usar para atopar información sobre ti, polo que o rexistro ''incrementa'' a protección dos teus datos persoais, agochándoos. Ademais, debido a que os enderezos IP cambian a miúdo, os usuarios non rexistrados téñeno máis difícil para gañar respecto e recoñecemento por parte dos demais usuarios. Isto implica unha maior dificultade para continuar conversas con eles xa que tamén varía a súa [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]].
18.502

edicións