Interferón gamma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
==Función==
O IFNγ, ou interferón de tipo II, é unha citocina fundamental para a inmunidade [[sistema inmunitario innato|innata]] e [[sistema inmunitario adaptativo|adaptativa]] contra as [[infección]]s [[virus|virais]] e algunhas infeccións [[bacteria]]nas e [[protozoo|protozoarias]]. O IFNγ é un importante activador dos [[macrófago]]s e indutor da expresión das moléculas do [[complexo maior de histocompatibilidade de tipoclase II]] (MHC-II). A expresión anormal do IFNγ está asociada con varias doenzas autoinflamatorias e [[autoinmunidade|autoinmunes]]. A importancia do IFNγ no sistema inmunitario débese en parte á súa capacidade de inhibir a replicación viral directamente, e sobre todo dos seus efectos inmunoestimuladores e inmunomoduladores. O IFNγ prodúceno principalmente as [[célula asasina natural|células asasinas naturais]] (NK) e as [[célula T asasina natural|células T asasinas naturais]] (NKT) como parte da resposta do [[sistema inmunitario innato]], e polos [[linfocito T CD4+|linfocitos T CD4+]] Th1 e os [[linfocito T CD8+|linfocitos T CD8+]] citotóxicos efectores unha vez que se desenvolve a inmunidade específica de [[antíxeno]].<ref name="entrez">{{cite web | title = Entrez Gene: INFG | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/sites/entrez?Db=gene&Cmd=ShowDetailView&TermToSearch=3458 | accessdate = }}</ref><ref name="pmid17981204">{{cite journal | author = Schoenborn JR, Wilson CB | title = Regulation of interferon-gamma during innate and adaptive immune responses | journal = Adv. Immunol. | volume = 96 | issue = | pages = 41–101 | year = 2007 | pmid = 17981204 | doi = 10.1016/S0065-2776(07)96002-2 | url = }}</ref>
 
==Structure==