Natureza morta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *armónicas e outros
Liña 71:
As primeiras catro décadas do [[século XX]] formaron un periodo excepcional de fermento e revolución artísticos. Os movementos de vangardia axiña evolucionaron, superpoñéndose na súa marcha cara á abstracción total, o non figurativo. O bodegón, así como outras artes de representación, continuaron evolucionando e axustándose ata mediados de século cando a abstracción total, exemplificada pola pintura de goteo de [[Jackson Pollock]] eliminaron todo elemento recoñecible.
 
O século comezou con varias tendencias dominando a arte. En 1901, [[Paul Gauguin]] pintou ''Bodegón con xirasois'', a súa homenaxe ao seu amigo van Gogh que morrera once anos antes. O grupo coñecido como os [[Nabis]], incluíndo [[Pierre Bonnard]] e [[Édouard Vuillard]], asumiron as teorías armónicasharmónicas de Gauguin e engadiron elementos inspirados polos gravados xaponeses aos seus bodegóns. O artista francés [[Odilon Redon]] tamén pintou destacados bodegóns durante este periodo, especialmente flores.<ref>Ebert-Schifferer, p. 321</ref>
 
[[Henri Matisse]] reduciu a representación de obxectos de bodegón a pouco máis que perfís chánschans e marcados enchidos de cores rechamantes. Tamén simplificou a perspectiva e introduciu fondos multicolores.<ref>Ebert-Schifferer, pp. 323-4</ref> Nalgúns dos seus bodegóns, como ''Bodegón con berenxenas'', a súa mesa de obxectos está case perdidoperdida entre as outras pautas de cores enchendo o resto da habitación.<ref>Stefano Zuffi, Ed., ''Modern Painting'', Barron´s Educational Series, Hauppauge, New York, 1998, p. 273, ISBN 0-7641-5119-3</ref> Outros exponentes do [[fauvismo]], como [[Maurice de Vlaminck]] e [[André Derain]], máis tarde exploraron a cor pura e a abstracción nas súas naturezas.
[[Ficheiro:Paul Cézanne 187.jpg|miniatura|esquerda|250px|Paul Cézanne: ''[[Bodegón con cebolas]]'' (1895-1900)]]