Abrir o menú principal

Cambios

corrixo *armónicos
Un '''órgano Hammond''' é un instrumento musical baseado nos principios do electromagnetismo e da amplificación a través de altofalantes individuais, creado polo inventor estadounidense [[Laurens Hammond]] ([[1895]]-[[1973]]) e a súa produción vai desde [[1935]] ata [[1978]]. A empresa do inventor deste instrumento non só estivo vinculada á música, senón que tamén desenvolveu e comercializou outras invencións, tales como dispositivos de cambio automático para automóbiles, reloxos de parede, etc.
 
Como características principais, este órgano presenta un moble de madeira, pechado ou con catro patas (modelo B3), de aspecto sobrio cun sistema de 25 (modelo B3) ou 32 (modelo RT3) pedais para os sons do baixo. Na consola, hai dous teclados de cinco oitavas e, enriba destes, hai catro xogos de nove ''drawbars'' ou barras deslizantes que permiten engadir armónicosharmónicos (xerados mediante ''rodas fónicas'' -Tone Wheels, polo seu nome en inglés-) aos sons fundamentais do instrumento. Conta cun altofalante xiratorio acabado en dúas trompetas (unha delas muda) instalado sobre un motor que vira a dúas diferentes velocidades: Slow-Fast (Lento-Rápido)/Tremolo-Chorale. Este sistema de amplificación, chamado ''Leslie'', é en gran parte responsable do seu característico timbre, pero non foi nunca vendido por Hammond, xa que Leslie e Hammond foron (durante o período dourado da marca) empresas totalmente separadas, e rivais posto que Laurens Hammond nunca foi partidario da utilización deste tipo de altofalante.
 
O apoxeo do Órgano Hammond tivo lugar nos anos 60 e 70, destacando en diversos xéneros musicais, tanto no [[jazz]], no [[Música rock|rock]], como tamén no [[soul]], no [[gospel]] e a [[música lixeira]].
== O órgano que fala ==
 
Cara aos anos 50, os músicos Evaristo Enríquez Zavala e Ernesto Hill Olvera (invidente) descubriron, aparentemente ende forma independente, que movendo de determinado xeito as barras deslizantes do Órgano Hammond, era posible emular os sons das vogais. [[Ficheiro:Hammond-XB-1-Drawbars.png|miniatura|dereita|300px|Barras deslizantes nun órgano Hammond. Movendo estas barras de xeito adecuado é posible que o órgano "vocalice"]]Se a iso sumamos a melodía executada cos teclados, obtense o efecto do ''Órgano que fala'' (ou canta). Con todo, foi Hill Olvera quen explotou comercialmente este achado, a través das súas actuacións persoais, eventuais aparicións no [[cine mexicano]] e os dous discos que gravou en toda a súa traxectoria. Esta técnica non foi popularizada, a pesar de que Hill Olvera difundiu o segredo da mesma, debido a razóns tales como que a manipulación constante das barras podía desgastalas rapidamente ou ben, porque formar as vogais mentres se executa a melodía, quítalle velocidade ao organista e dificulta o labor de facer arranxos para os instrumentos acompañantes. De feito, na actualidade só os músicos que posúen equipos Hammond orixinais poden executar esta técnica xa que os teclados electrónicos de hoxe en dia carecen destas barras, xustamente para facelos compatibles coa norma [[MIDI]].
 
== Véxase tamén ==
53.497

edicións