Buceo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
O contido da páxina foi substituído por "==<nowiki/>== ==Notas== {{listaref}} Categoría:Barrios de Montevideo"
Etiquetas: artigo novo moi curto referencias eliminadas Edición visual
Liña 1:
==<nowiki/>==
[[Ficheiro:Vista da praia de Buceo.JPG|miniatura|Vista da praia de Buceo.]]
[[Ficheiro:Puerto del Buceo.jpg|miniatura|Porto de Buceo e edificio do [[Yacht Club Uruguayo]].]]
'''[[El]] Buceo''' é un barrio localizado no sueste da cidade de [[Montevideo]], [[Uruguai]], situado na costa do [[Río da Prata]], ao leste de [[Pocitos]] e ao oeste de [[Malvín]]. Os seus eixes principais son a rambla costeira e a avenida Rivera. Os seus límites son ao oeste as avenidas Luis Alberto de Herrera e 26 de Marzo, ao leste a avenida Comercio, ao norte a avenida Italia, e ao sur o Río de la Plata.
 
A costa describe dous pronunciados accidentes: a pequena baía de Porto de Buceo e a ampla Praia de Buceo.
 
A zona chamouse Buceo de la Luz desde 1752 debido aos mergulladores que participaron no rescate da carga dun barco afundido. Na súa praia desembarcaron os ingleses que sitiaron e tomaron Montevideo, entre xaneiro e febreiro de 1807. En maio de 1814 a flotilla revolucionaria ao mando do Arxentino Almirante [[Guillermo Brown]] bateu á armada real. Pouco despois os españois renderon Montevideo.
No século XIX instaláronse peiraos, salgadoiros, a aduana e porto de Oribe, pescadores, vivendas e o cemiterio (1872).
 
Buceo creceu no século XX como balneario, en 1939 instalouse o Yacht Club Uruguayo, en 1958 o Edificio Panamericano e en 1985 o Montevideo Shopping Center. Xunto a el edificáronse as torres do World Trade Center Montevideo e complexos habitacionais instalados en conxuntos de torres que cambiaron a fisonomía da zona. A día de hoxe hai numerosos centros nocturnos, pubs e restaurantes na zona comprendida entre o WTC e o porto de Buceo.
 
A Rambla Armenia coa súa praza completa a fisonomía urbana do Porto de Buceo. No punto onde a rambla describe unha pronunciada curva, érguese un edificio de estilo árabe, sede do actual Museo Oceanográfico "Dámaso Antonio Larrañaga".<ref>[http://wikimapia.org/1377587/es/Museo-Oceanogr%C3%A1fico-D%C3%A1maso-Antonio-Larra%C3%B1aga Museo D. A. Larrañaga]</ref> Orixinalmente fora concibido para local nocturno (foi coñecido popularmente como "o cabaret da morte", pola proximidade do Cemiterio de Buceo).<ref>[http://www.larepublica.com.uy/comunidad/280505-el-cabaret-del-buceo El cabaret del Buceo]</ref>
 
A Illa de Las Gaviotas marca o límite co barrio [[Malvín]].
 
==Notas==