Numismática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 62 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q631286
mSen resumo de edición
Liña 14:
 
== Numismática moderna ==
 
 
 
Na acepción moderna do termo, a numismática é o estudo científico do [[diñeiro]] en todas as súas variadas formas. Aínda que aos numismáticos a miúdo caracterízallos como estudantes das moedas, a disciplina actual inclúe tamén o estudo doutras formas modernas do diñeiro e moitos aspectos con el relacionados, incluíndo o seu uso, [[historia]], [[xeografía]], [[arte]], [[economía]], [[metalurxia]], procesos de [[manufactura]], etc.
 
Liña 23 ⟶ 20:
Aínda que en xeral os estudos económicos e históricos do uso e o desenvolvemento do diñeiro están separados do estudo do diñeiro físico que fai a numismática, existe no entanto relación entre ambos; as teorías da orixe do diñeiro dependen da numismática, por exemplo. Neste sentido a numismática xoga un papel importante, xa que a través das moedas (tiradas especiais, cambios de material, etc) conseguen descifrarse e comprenderse asedios, motivos reais e imperiais, fluxos económicos, etc.
 
== Numismáticos e Coleccionistascoleccionistas ==
 
Os numismáticos son ás veces diferenciados dos coleccionistas en tanto que os últimos basicamente derivan o seu pracer da simple posesión de obxectos monetarios, mentres que a atención dos primeiros céntrase na adquisición de coñecementos sobre eles. De feito, moitos numismáticos son tamén coleccionistas e algúns coleccionistas mostran interese polo coñecemento dos seus obxectos de colección.