Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Syum90 (conversa | contribucións)
m Reverted 1 edit by 95.210.109.124 (talk). (TW)
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 18:
 
== Evolución histórica ==
Moitos [[Filosofía do Dereito|filósofos do dereito]] e [[Historia do Dereito|historiadores do Dereito]] consideran que non se pode falar de dereitos humanos ata a [[época moderna]] en Occidente. Ata ese momento, as normas da comunidade, concibidas en relación co [[Universo|orde cósmico]], non deixaban espazo para o ser humano como suxeito singular <ref>Documentos de Amnistía Internacional baseados nun texto de Leonardo Aravena, ''Una larga marcha hacia los derechos humanos'', [[1998]] [httphttps://archive.is/20120801233622/www.es.amnesty.org/camps/camp50/decla.htm] </ref>, concibíndose o dereito primariamente como a orde obxectiva da sociedade. A [[sociedade estamental]] ten o seu centro en grupos como a familia, a liñaxe ou as corporacións profesionais ou laborais <ref> Molas, Pere, ''La estrutura social de la Edad Moderna europea'', Obra: '''Manual de Historia Moderna''', [[1993]], Barcelona: Ariel, ISBN 84-344-6572-8, p. 72 </ref>, o que ven significar que non se conciben facultades propias do ser humano como tal. Pola contra, enténdese que toda facultade atribuíble ao individuo deriva dun dobre ''status'': o do suxeito no seo da familia e o de esta na sociedade. Fóra do ''status'' non hai dereitos <ref> Clavero, Bartolomé, ''Derecho indígena y cultura constitucional en América'', [[1994]],México: siglo veintiuno editores, ISBN 968-23-1946-3, pp. 8 e 12 </ref>.
 
A existencia dos [[dereito subxectivo|dereitos subxectivos]], tal e como se pensan na actualidade, foi obxecto de debate durante os [[século XVI|séculos XVI]], [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] <ref> Pérez Marcos, Regina María, [[2000]], ''Derechos humanos e Inquisición, ¿conceptos contrapuestos?'', Revista de la Inquisición, número 9, páginas= 181-190, ISSN 1131-5571, [http://www.ucm.es/BUCM/revistas/der/11315571/articulos/RVIN0000110181A.PDF] </ref>, o que é relevante porque adóitase dicir que os dereitos humanos son produto da afirmación progresiva da individualidade <ref> Pérez Luño, Antonio Enrique, ''Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución'', [[2005]], Madrid: Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, p. 25 </ref> e que, de acordo con iso, a idea de dereitos do home apareceu por primeira vez durante a loita [[burguesía|burguesa]] contra o sistema do [[Antigo Réxime]]<ref> Ketchekian, S. F. ''Origen y evolución de los derechos del hombre en la Historia de las ideas políticas'' ([[1965]]). Revista RICS, Nº 5 </ref>. Sendo esta a consideración máis estendida, outros autores consideran que os dereitos humanos son unha constante na Historia e afunden as súas raíces no [[Antigüidade clásica|mundo clásico]] e tamén que a súa orixe atópase na afirmación do [[cristianismo]] da [[dignidade]] moral do home en tanto que é persoa <ref> Pérez Luño, Antonio Enrique. ''Derechos humanos, Estado de Derecho y Constitución'', ([[2005]]),Madrid, Editorial Tecnos, ISBN 84-309-4284-X, páx. 25 </ref>.