Códice: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 2:
[[Ficheiro:KellsFol034rChiRhoMonogram.jpg|miniatura|dereita|[[Libro de Kells]].]]
[[Ficheiro:León, San Isidoro 03-34c.JPG|miniatura|300px|O Becerro de Ouro, nunha miniatura medieval (facsímile)]]
Un '''códice''' é un [[libro]] de forma paralelepípeda, resultado da ensamblaxe de pregos [[manuscrito]]s e, especialmente, os producidos desde a [[Antigüidade clásica]] até a [[Idade Media]].
 
== Historia ==
Ao primeiroprincipio, a partir dos séculos I e II, os códices escribíanse sobre [[pergamiño]] e, desde o século XIII, tamén en [[papel]]. A orixe está nas tabelastaboíñas de madeira rectangulares que se recobrían de cera polo interior e sobre as que se escribía cun punzón en [[Roma]]. Eran o equivalente dos cadernos actuais e utilizábanse para a correspondencia, as contas e os traballos escolares. O uso literario máis antigo de códices que se coñece é de finais do [[século I]], cando [[Marcial]] experimentou co formato.
 
Esta presentación dos textos constituíu unha verdadeira revolución ao inicio da era [[Cristianismo|cristiá]] porque ao contrario do rolo (''[[Volume (libro)|volume]]''), que impón unha lectura continua, o ''códice'' permite acceder aos capítulos (estrutura do texto) de maneira directa. Ademais, ono códice podíase escribir polas dúas caras, co que se economizaba material. A súa adopción na cristiandade foi tan estendida que, como soporte da [[Biblia]], o códice permitía aos cristiáns marcar a diferenza con respecto dos rolos sobre os que os [[xudeu]]s lían a [[Torah]].
 
O pergamiño substituíu o [[papiro]] gradualmente e a palabra ''liber'', que designara os rolos de papiro, comezou a empregarse tamén para estes novos libros, que pola súa forma se parecían aos ''codices''. Esta semellanza víase acentuada polas capas de madeira que os protexían. Os dous termos comezaron a confundirse xa no [[século III]]. Os rolos dominaron aínda en obras seculares até o [[século IV]]. Desde entón, cando o códice foi plenamente aceptado, até o [[Renacemento carolinxio]] do [[século VIII]], moitas obras que non se copiaran de rolo a códice perdéronse para a posterioridade.
 
O códice melloraba o rolo en varios aspectos: Podíasepodíase abrir en calquera páxina, o que facilitaba a lectura; as páxinas podíanse escribir polos dous lados, o que abarataba o seu custo; a protección que lle daban as capas facíao máis compacto e doado de transportar; finalmente, facía tamén máis fácil organizar documentos nunha biblioteca porque tiña un lombo estábel no que escribir o título do libro. O lombo usouse para o [[incipit]], antes de que se desenvolvese o concepto propiamente de título durante época medieval.
 
Aínda que a maioría dos primeiros códices se facían de papiro, este era fráxil e os fornecementos, provenientes de [[Exipto]], o único lugar no que medraba, escaseaban. Preferiuse pasar ao pergamiño porque, aínda que caro, era tamén máis duradoiro.
 
Os códices foron substituídos polos libros impresos. O estudo dos manuscritos desde o punto de vista da súa fabricación chámase [[codicoloxía]]; o dos documentos antigos en xeral é a [[paleografía]].