Licinio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
== Licinio ==
 
'''Claudio Valerio Liciniano Licinio''', emperador romano, naceu na [[Dacia]] entre os anos 263 o 265, sendo a suasúa familia de orixe labrega.
 
Toda a suasúa educación foi militar e destacou na loita contra os persas, e toda a suasúa carreira estuvo xunguida a [[Galerio]], amigo persoal.
 
Coa morte de [[Constancio Cloro]] e a proclamación polas tropas do seu fillo[[ Constantino]] como emperador, e a proclamación de [[Maxencio]] no lugar do seu pai [[Maximiano]], quen teria que abdicar. Pero este se negou, de xeito que nun mesmo intre había sete altos maxistrados, entre augustos e césares para o goberno do Imperio, cada quen sen recoñecer o seu contrario. Esta situación estaba a piques de malograr toda a obra de [[Diocleciano]] e a suasúa tetrarquia. Para iso [[Galerio]], coma emperador decano e garante do sistema, convocou o cumio de ''Carnuntun'' no 308. Pero nesa reunión non se acordou unha solución definitiva, senón que se nomeou a [[Constantino]] e [[Maxencio]] para a parte occidental do Imperio, mentres que para o Oriente subiu a emperador Licinio e mais [[Maximino Daya]], sobriño de [[Galerio]].
 
As loitas entre os distintos augustus e césares foi xa inmediata para facerse co poder. En Occidente,Constantino venceu a Maxencio na batalla da [[Ponte Milvio]] no ano 312.
 
Pola suasúa parte, Licinio, quen fora nomeado augustus sen pasar previamente pola titulo de césar,non era moi ben aceptado, e dende o goberno da [[Pannonia]], [[Ilyria]] e [[Rethia]] se asociou a Constantino para que fora el quen acabara con Maxencio e conquistara Italia, tal e como se lembrara na xuntanza de Carnutum onde Maxencio foi declarado enemigo publico, a pesares de recoñecer os seus dereitos o trono. Casou coa hermana de Constantino, [[Constancia]] e xuntos publicaron o famoso [[Edicto de Milán]] (Mediolalum), onde se daba liberdade relixiosa e se devolviadevolvía os bens a Igrexa Católica, e que na practicapráctica veu a ser o recoñecemento do cristianismo no imperio, non a relixión oficial
 
No ano 311 morre[[ Galerio]] e Maximino II Daza e mais Licinio atoparonse no Bosforo para se repartir os territorios de Galerio. Pero esta división, coa morte de Maxencio en Occidente, levou o enfrontamento no Oriente, sendo as tropas de Maximino Daza derrotadas dende ''Byzantium a Tarsus'' no ano 313, e Maximino morreu entre tormentos. Licinio quedara encargado do fillos de Galerio e mais a suasúa esposa, pero o trato que lles dou obrigounos a fuxir a corte de Maximino Daza, quen unha vez derrotado, quedaron nunha total indefensiópn, e foron capturados e mortos en Tesalonica, quedando deste xeito Licinio coma unico emperador en Oriente, do mesmo xeito que Constantino o era en Occidente.
 
Pero a partires do ano 320 escomenzaron a percibirse as diferencias entre eles, que se manifestaron entre outros aspectos no tratamento que se lle deu o problema cristián, xa que mentres en occidente os cristiáns alcanzaran postos relevantes na Administración, en oriente continuaban a ser perseguidos e reprimidos a pesar da gran influencia que conquistara a Igrexa de [[Alexandria]]. A presión que se fixo sobre Constantino para rematar con este estado de cousas foi moi grande, pero tuvo que deixalo temporalmente debido a ameaza dos barbaros na fronteira danubiana. Constantino derrotou os barbaros na [[Panonia]] e na [[Tracia]] e amosou a Licinio o poder militar do emperador de Occidente e o levou a aceptar o nomeamento dos seus respectivos fillos [[Crispo]] por Constantino e [[Liciniano]] por parte de Licinio coma césares.
Liña 17:
Licinio perdera a iniciativa e tivo que facer fronte no seu propio entorno a Valente, o seu xefe militar, a quen dou morte despois de habelo nomeado augusto. No ano 324 o enfrontamento se fixo inevitábel nunhas circusntancias que favorecían en todo a Constantino, quen venceu en Adrianopolis, Crisopolis e Bizancio, mentres Crispo, desfacia a flota de Licinio no Helesponto, onde finou Liciniano.
 
Seguramente por interseción da suasúa esposa Constancia, irmán de Constantino, se lle perdonou a vida a Licinio, quen foi exiliado e posto baixo arresto en Thesalonica, pero o contumaz Licinio escomenza a intrigar contra Cosntantino, quen desta vez mandouno axusticiar na primavera do ano 325.
 
Remata deste xeito o goberno de Diocleciano e un só emperador volve a mandar en toda a extensión do Imperio. Corenta anos de tetrarquia o Imperio Colexiado quedara atrás para sempre.