Diocese católica latina de Astorga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *nengunha e outros
Liña 15:
Comprende territorios que se estenden por parte das provincias actuais de [[provincia de León|León]], [[provincia de Zamora|Zamora]], ambas as dúas pertencentes civilmente á comunidade de [[Castela e León]], ademais de por parte da [[provincia de Ourense]], na comunidade de [[Galiza]]. Nesta son asturicenses as comarcas de [[comarca de Valdeorras|Valdeorras]], [[comarca de Trives|Trives]], e [[comarca de Viana|Viana]]; ademais algunhas freguesías dos concellos de [[Chandrexa de Queixa]] e [[A Gudiña]], tamén o son. A comarca lucense de [[comarca de Quiroga|Quiroga]] foi asturicense até o ano 1955, pasando entón á diocese de Lugo ao trocarse por territorios lucenses no Valcarce, no [[O Bierzo|Bierzo]]. Historicamente tamén formaron parte desta diocese territorios portugueses da [[Terra de Miranda]], actualmente pertencentes á [[diocese de Bragança]], o que se ten aducido para explicar a persistencia de dialectos leoneses nesa comarca (ver [[lingua mirandesa|mirandés]]).
 
Na actualidade a diocese de Astorga ocupa uns 11.525 km² de superficie, dos cales corresponden á [[provincia de León]] 6.299 km² (54.,65 % do total), á [[provincia de Zamora]] 3.526 km² (30,59 %) e á [[provincia de Ourense]] 1.700 km² (14,75 % da diocese). A poboación total do bispado apenas superaba os 200.000 habitantes, dos cales algo máis de 40.000 corresponden ao territorio galego.
 
==Historia==
===Orixes===
A mención máis antiga do cristianismo nestas terras, no [[século III]], menciona xa a existencia dun bispo en Astorga. Trátase dunha carta dirixida polo bispo de León, no ano [[254]], ao metropolitano de [[Cartago]], Cipriano, que menciona a comunidade cristiá de Astorga e o seu bispo Basílides. As mencións dun bispo, Efrén, no ano 60, é unha piadosa lenda carente de rigor histórico. O que a epístola a Cartago permite supor é que as comunidades de León e Astorga teñen a súa orixe en [[África]], pois era costume desta época consultar os problemas eclesiásticos con ascoas igrexas madre.
 
Durante o século V, vólvense a ter noticias do bispado astorgano, pois o seu prelado, [[Toribio de Liébana|San Toribio]], ten intervención nos problemas suscitados cos seguidores do [[priscilianismo]].
 
===No reino suevo===
No [[século VI]] o territorio asturicense está comprendido dentro do [[Reino Suevo]]. O [[Parochiale suevorum|''Parochiale suevorum'']] , un documento que mostra a organización eclesiástica do territorio desa monarquía, menciona a diocese asturicense xunto con outras da Gallaecia. Asigna a Astorga un territorio en parte diferente do que administraría a partir da [[Alta Idade Media]]: ''Ad Asturicensem sedem ipsa Astorica: Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Francelos, Pesicos'', pois inclúe na diocese as igrexas de [[León, España|León]] (''Legio''), [[Zamora]] (''Senimure'') ou mesmo territorios asturianos, como [[Pesgos]] (''Pesicos''). Mais non lle atribúe nengunhaningunha igrexa no que hoxe é o territorio histórico da Galiza, pois unha parte están indicados para o bispado de [[Diocese de Ourense|Ourense]], así [[Comarca de Trives|Trives]] (''Teporos'') ou Valdeorras (''Geurros''), á que aínda lle asigna a [[Seabra]] (''Senabria''). O territorio de [[Comarca de Quiroga|Quiroga]] (''Carioca'') está, no Parroquial, asignada a [[Diocese de Lugo|Lugo]].
 
No [[século VIII]], Astorga foi incluída no territorio dominado polos árabes. Houbo que esperar até [[Afonso III de Asturias|Afonso III]] para que pasase de novo a mans cristiáns. Porén o territorio da diocese tardou máis en reorganizarse.