Raul Meireles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 43:
| nationalgoals2 = 10
| ntupdate = 25 de febreiro de 2015
}}
}}{{enuso}}
'''Raul José Trindade Meireles''', máis coñecido como '''Raul Meireles''', nado no [[Porto, Portugal|Porto]] o [[17 de marzo]] de [[1983]], é un [[futbolista]] profesional {{sel|Francia|internacional}} [[Portugal|portugués]] que xoga como centrocampista para o [[Fenerbahçe S.K.]] da [[Süper Lig]] [[Turquía|turca]]. Xoga principalmente como [[Posicións no fútbol|centrocampista]].
 
Liña 49:
 
A carreira internacional de Meireles no fútbol nacional comezou nas categorías xuvenís, cando representou á selección sub-16 no equipo para a Eurocopa 2000 sub-16 en [[Israel]]. En novembro de [[2006]] foi chamado á selección absoluta por primeira vez. Máis tarde representou a {{sel|Portugal}} nas [[Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008|Eurocopas de Austria/Suíza 2008]] e [[Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012|Polonia/Ucraína 2012]] e nos [[Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010|Mundiais de Sudáfrica 2010]] e [[Mundial de Fútbol Brasil 2014|Brasil 2014]].
 
== Traxectoria ==
=== Boavista ===
Nado no [[Porto, Portugal|Porto]], no verán de 2001 tras asinar co [[Boavista F.C.|Boavista]], é inmediatamente cedido ao [[Desportivo das Aves]] da [[Liga de Honra]], segunda categoría do fútbol portugués. Debuta co primeiro equipo o 8 de agosto de 2001, nun partido amigábel contra o Gondomar, no que o seu equipo venceu por 3-0. Porén, na súa primeira campaña xoga tan só 16 partidos de liga. Na tempada 2002-03, o 25 de maio de 2003 marca o seu primeiro gol nun partido contra a [[Clube de Futebol União|União da Madeira]]. O tanto foi un tiro desde unha distancia de 30 metros fóra do alcance do gardameta da União. Na tempada 2003-04, volveu a Boavista despois dun período de préstamo de dous anos. Meireles fixo o seu debut na [[Primeira Liga]] o [[17 de agosto]] de 2003 contra o [[SL Benfica]], e foi elixido como o mellor xogador do partido polos diario Record. Nesa tempada, aínda que non puido anotar ningún gol, xoga 29 partidos de liga, o que demostra a súa importancia para o equipo.
 
=== Porto ===
O 7 de xullo de 2004, o [[FC Porto]] asina a Meireles cun contrato de cinco anos, que é presentado en rolda de prensa o [[12 de xullo]]. Co dorsal 33 na camisola debuta o 22 de setembro contra a [[União de Leiria]] no [[Estádio do Dragão]], saíndo desde o banco no minuto 59. O partido finalmente remataría con empate 1-1. O 18 de febreiro de 2005 xoga o seu primeiro partido no once inicial, nunha vitoria en liga no [[Estádio do Restelo]] dos [[Belenenses]]. Tan só cinco días despois, o 23 de febreiro, debuta na [[UEFA Champions League]] nun partido ante o [[Inter de Milán]], xogando os 90 minutos. Durante esa tempada, xoga trece partidos de liga, dez dos cales saído desde o banco, non anotando goles.
 
Durante a tempada 2005-06, o [[19 de febreiro]], Meireles anota o seu primeiro gol co equipo en liga, tanto que daría unha vitoria en casa por 1-0 ante o [[Clube Sport Marítimo|Marítimo]]. Só tres partidos despois, o 10 de marzo, anota o seu segundo gol da tempada nun triunfo por 2-0 ante o [[Vitória de Setúbal]]. Nesa campaña, anota dous goles en 18 aparicións, que axudan ao seu equipo a gañar a Liga. Uns días máis tarde Meireles gaña o seu segundo título, a Copa de Portugal. Nas seguintes catro tempadas, Meireles convertese nun dos xogadores máis importantes do centro do campo do Porto. O seu primeiro gol na Liga de Campións sería durante a tempada 2006-07, concretamente o 21 de febreiro de 2007, nun encontro contra o [[Chelsea Football Club|Chelsea]]. A nivel de título gaña tres Ligas consecutivas en 2006-07, 2007-08 e 2008-09, ademais de dúas Copas en 2009 e 2010.
 
== Notas ==