Xudaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m oops
Liña 3:
O asunto do [[Tanakh]] (o Vello Testamento) é un suposto relato da relación dos [[israelitas]] (tamén coñecidos como hebreus) con [[Deus]], segundo os reflexos desa relación na súa historia desde o principio dos tempos e a construción do segundo templo (preto do 350 A.d.C.).
 
Para os xudeus, a [[Torá]] (o PentateocoPentateuco) foi transmitida a [[Moisés]], directamente de Deus. O seu contido foi compilado para que xamais fose esquecido e permanecese inmutable, mesmo co paso dos sabios que a transmitiron, de xeración a xeración.
 
Se ben que o xudaísmo teña sempre recoñecido un certo número doutros [[principios de fe xudaicos]], nunca desenvolveu un catecismo obrigatorio. Surxiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cales teñen moito en común, mais diverxen en varios aspectos. Nos últimos dous séculos, a comunidade xudaica dividiuse en varios [[movementos xudaicos]]. Cada un deles ten unha abordaxe diferente no estilo de vida, cada movemento cumpre máis ou menos leis. A maior parte das formas de xudaísmo ortodoxo xeralmente cumpren moitos preceptos, ao paso que as formas non-ortodoxas de xudaísmo xeralmente defenden que os principios foron evoluíndo co tempo e adaptan o xudaísmo aos costumes locais. Estes tópicos son discutidos con maior profundidade no artigo sobre os [[principios de fe xudaicos]].