Diferenzas entre revisións de «Ana Bolena»

corrixo *comulgaba
(corrixo *comulgaba)
Viñeron a por Ana durante a mañá do 19 de maio para levala á "Torre Verde", onde debía permitírselle a dignidade dunha execución privada. O gobernador (''Constable'') da Torre escribiu dela:
 
''Esta mañá ela enviou a por min, e ver se eu podería estar con ela mentres recibía ao bo Señor '' (é dicir, comulgabacomungaba)'', coa intención que eu debería oíla e deixar clara a súa inocencia. E na escritura disto ela chamoume a min, e na miña chegada ela dixo, "Sr. Kingston, oio que non morrerei antes do mediodía, e sinto moito por iso, xa que pensei estar morta para esas horas e por diante do meu sufrimento". Díxenlle que isto non debería ser ningún sufrimento, que sería moi breve. E logo ela dixo, "oín que din que o verdugo é moi bo, e teño un pescozo pequeno", e logo puxo as súas mans no pescozo, rindo cordialmente. Vin a moitos homes e mulleres executados, e que estiveron en gran pena, e para o meu coñecemento esta dama ten moita alegría na morte. Señor, o seu esmoleiro está continuamente con ela, e foi así desde as dúas en punto logo da medianoite.''
 
Levaba posta "unha enagua vermella baixo un vestido gris escuro de damasco, adornado con peles". O seu pelo escuro estaba recollido e levaba o seu afeito toucado francés. Fixo un breve discurso:
54.839

edicións