Diferenzas entre revisións de «Ramón Rey Baltar»

m
irmán de Andrés Rey Baltar
m (irmán de Andrés Rey Baltar)
{{outroshomónimos|Baltar (homónimos)}}
 
'''Ramón Rey Baltar''', nado en [[Padrón]] o [[5 de abril]] de [[1882]] e finado en [[Gerli]] ([[Arxentina]]) o [[3 de xullo]] de [[1969]], foi un médico, escritor e xornalista [[Galicia|galego]].
 
==Traxectoria==
Logo de estudar na escola de [[José María Vidal Cepeda]] fixo [[Medicina]] na [[USC]], licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en [[1910]] por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En [[1914]] emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en [[Buenos Aires]].
 
Fundou do xornal ''[[El Barbero Municipal]]'' de [[Rianxo]], onde [[Castelao]] comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense ''[[A Nosa Terra (Buenos Aires)|A Nosa Terra]]'' e presidiu a [[Irmandade Galega]]. Publicou o libro de versos ''A gaita a falare. Lembranzas e maldicións'' (1939), texto precursor da poesía civil.
 
O seu irmán [[Andrés Rey Baltar]] foi fusilado polos franquistas ao comenzo da guerra civil.
 
==Véxase tamén==
[[Categoría:Nados en 1882]]
[[Categoría:Finados en 1969]]
 
<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
93.854

edicións