Colecistite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 49:
== Epidemioloxía ==
Existe unha maior incidencia en mulleres que en homes, chegando nalgúns países a proporcións 10:1.
Na actualidade, as idades con maior predominio son as etapas de maior auxe reprodutivo, isto é, entre os 20 e os 40 anos. Considéranse facotres predispoñentes o feito de ser muller, por mor das hormonas estroxénicas. Estas hormonas aumentan o [[colesterol]], sobre todo as [[LDL|Lipoproteínas de Baixa Densidade]] (''LDL'', do [[lingua inglesa|inglés]] ''Low Density Lipoprotein'') e as [[VLDL|Lipoproteínas de Moi Baixa Densidade]] (''VLDL'', do [[lingua inglesa|inglés]] ''Very Low Density Lipoprotein''), mais tamén mingüan na vesícula biliar os [[sales biliares]] e os [[ácido biliar|ácidos biliares]]. Isto fai que sexa máis doado que se formen pedras na vesícula.
Polo mesmo factor hormonal, as mulleres que tiveron moitos embarazos considérase tamén factor de risco. No embarazo, as hormonas estroxénicas aumentan na muller. O sobrepeso e a obesidade, a [[diabetes]], e outras doenzas que alteral o equilibrio lipídico, son outros factores de risco para padecer litiases e, polo tanto, son susceptíbeis de sufrir colecistite.