Diferenzas entre revisións de «Lipoproteína de moi baixa densidade»

sen resumo de edición
{{en tradución}}
As '''lipoproteínas de moi baixa densidade''' ou '''VLDL''' (do inglés ''Very low density lipoproteíns'') son un dos cinco tipos de [[lipoproteína]]s (os outros son os [[quilomicrón]]s, [[IDL]], [[LDL]] e [[HDL]]), que transportan lípidos polo sangue. As VLDL orixínanse no [[fígado]] e a súa densidade é moi baixa entre as lipoproteínas (só é inferior a dos quilomicróns), e son as segundas en tamaño, cun diámetro entre 30 e 80 [[nanómetro|nanómetros]].<ref>{{cite journal |author=Gibbons GF, Wiggins D, Brown AM, Hebbachi AM.|title=Synthesis and function of hepatic very-low-density lipoprotein. |journal=Biochem Soc Trans. |volume=32 |pages=59–64 |year=2004|pmid=14748713 |issue=Pt 1 |doi=10.1042/bst0320059}}</ref> As VLDL ensámblanse no fígado a partir de [[triglicérido]]s, [[colesterol]], [[fosfolípido]]s e [[apolipoproteína]]s. Despois sofren modificacións e convértense no torrente sanguíneo en IDL e LDL. As VLDL transportan produtos lipídicos endóxenos polo corpo, mentres que os [[quilomicrón]]s transportan lípidos exóxenos procedentes da dieta. Recentemente, determinouse a composición lipídica <ref>{{cite journal |author=Dashti M, Kulik W, Hoek F, Veerman EC, Peppelenbosch MP, Rezaee F.|title=A phospholipidomic analysis of all defined human plasma lipoproteins. |journal=Sci Rep. |volume=1 |issue=139 |year=2011|pmid=22355656 |doi=10.1038/srep00139 |pmc=3216620}}</ref> e proteica <ref>{{cite journal |author=Dashty M, Motazacker MM, Levels J, de Vries M, Mahmoudi M, Peppelenbosch MP, Rezaee F.|title=Proteome of human plasma very low-density lipoprotein and low-density lipoprotein exhibits a link with coagulation and lipid metabolism. |journal=Thromb Haemost. |volume=23 |issue=111 |pages=518–530 |year=2014|pmid=24500811 |doi=10.1160/TH13-02-0178}}</ref> desta lipoproteína con gran detalle.
 
179.927

edicións