Lipoproteína de moi baixa densidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Cambios durante a circulación ==
As VLDL acabadas de liberar do fígado conteñen [[apolipoproteína B100]], [[apolipoproteína C1]] (apoC1), [[apolipoproteína E]] (apoE), [[colesterol]], [[éster do colesterol|ésteres do colesterol]], [[fosfolípido]]s e [[triglicérido]]s. A medida que circulan polo sangue sofren cambios na súa composición, xa que captan [[apolipoproteína C-II]] (apoC-II) e cantidades adicionais de apoE tomadas de [[lipoproteína de alta densidade|lipoproteínas de alta densidade]] (HDL), o que fai que as VLDL nacentes se convertan en VLDL maduras. Na circulación, as VLDL entran en contacto coa [[lipoproteína lipase]] (LPL) nos capilares (no [[tecido adiposo]], [[miocardio|cardíaco]], e [[músculo esquelético]]). O encima LPL retira os triglicéridos das VLDL para que as células os almacenen ou utilicen na produción de enerxía. Agora as VLDL encóntranse de novo con HDL, e transfiren de novo a apoC-II ás HDL (pero conservan a apoE). Pola súa parte, a HDL cede éstres do colesterol que se incorporan á VLDL intercambiándoointercambiándoos por fosfolípidos e triglicéridos pola acción da [[proteína de transferencia de colesterlésteres]] (CETP). A medida que, por acción da LPL e encimas CETP, se retiran cada vez máis triglicéridos das VLDL, a composición da partícula cambia, e transfórmase en [[lipoproteína de densidade intermedia]] (IDL).<ref>{{cite journal |author=Shelness GS, Sellers JA. |title=Very-low-density lipoprotein assembly and secretion. |journal=Curr Opin Lipidol. |volume=12 |issue=2 |pages=151–157 |year=2001|pmid=11264986 |doi=10.1097/00041433-200104000-00008}}</ref>
 
Aproximadamente o 50% das IDLs son recoñecidas polos receptores nas células do fígado grazas a que posúen moléculas de [[apolipoproteína B|apolipoproteína B-100]] (apoB-100) e apoE, e seguidamente son [[endocitose|endocitadas]]. O outro 50% das IDL perden a súa apoE. Cando o seu contido en colesterol se fai maior ca o seu contido en triglicéridos, convértense en [[lipoproteína de baixa densidade|lipoproteínas de baixa densidade]] (LDL), que posúen apoB-100 como principal apolipoproteína. As LDL son captadas pola célula por medio do [[receptor de LDL]] da superficie celular por endocitose, na cal o seu contido será almacenado, utilizado para a fabricación de membranas, ou convertido en produtos derivados como [[hormona]]s [[esteroide]]s ou [[ácido biliar|ácidos biliares]].<ref>{{cite journal |author=Shelness GS, Sellers JA. |title=From cholesterol transport to signal transduction: low density lipoprotein receptor, very low density lipoprotein receptor, and apolipoprotein E receptor-2. |journal=Biochim Biophys Acta. |volume=1529 |pages=287–298 |year=2000|pmid= 11111096 |doi=10.1016/S1388-1981(00)00155-4 |issue=1-3}}</ref>