Abrir o menú principal

Cambios

{{AP|Guerra de Indochina}}
[[Ficheiro:Indochine française (1913).jpg|miniatura|esquerda|Mapa da [[Indochina Francesa]] en 1913.]]
A independencia de Vietnam rematou a mediados do [[século XIX]], cando o país foi colonizado polo Imperio francés. A administración francesa impuxo significativos cambios políticos e culturais na sociedadsociedade vietnamita. Impúxose un sistema de educación moderna occidental, o [[cristianismo]], desenvolveuse o cultivo de [[tabaco]], [[té]] e [[café]]. Os franceses ignoraron o clamor pola independencia e os dereitos civís, o que deu lugar ó xurdimento de movementos políticos nacionalistas e líderes como [[Phan Boi Chau]], [[Phan Chu Trinh]], o Emperador [[Ham Nghi]] e [[Ho Chi Minh]]. Os franceses mantiveron o dominio das súas colonias ata a [[Segunda Guerra Mundial]], cando os [[Xapón|xaponeses]] invadiron a [[Península Indochina]]. Os recursos naturais de Vietnam foron explotados por [[Xapón]] para as súas campañas militares en [[Myanmar]], [[Malaisia]] e [[India]].
 
Nos últimos anoanos da guerra, o movemento nacionalista de [[Ho Chi Minh]] desafiou ós franceses. Despois da derrota de Xapón, as forzas nacionalistas de Indochina enfrontáronse a Francia no que se chamou a [[Guerra de Indochina|Primeira Guerra de Indochina]] ([[1945]] - [[1954]]). Os franceses foron derrotados e fixeron unha retirada das súas colonias. Porén, os países que combateran nesta primeira Guerra de Vietnam, dividiron o país polo paralelo 17 en [[Vietnam do Norte]] e [[Vietnam do Sur]].
 
== Política ==