Nazgûl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 18:
|notas =
}}
No [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], os '''Nazgûl''' (da [[Lingualingua negra]] ''nazg'', "anel", e ''gûl'', "espectro, espírito"; tamén chamados '''Espectros do Anel''', '''Xinetes Negros''', '''Xinetes Escuros''', os '''Nove Xinetes''', ou sinxelamente '''Xinetes''' ou os '''Nove''') son nove reis humanos non-mortos que sucumbiron ao poder de [[Sauron]] por mor da súa cobiza, e acadaron a [[inmortalidade]] na forma de espectros atados ao poder do [[Anel Único]], como servos do Inimigo. Aparecen por primeira vez no seu libro ''[[O Señor dos Aneis]]'', publicado entre [[1954]] e [[1955]]. O libro refírese aos Nazgûl como "os servos máis terríbeis" de Sauron.
 
==Aparicións==
Liña 30:
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>Tolkien, J.R.R. (2002), O Regreso do Rei: Edicións Xerais de Galicia, Vigo, "O asedio de Gondor", páx. 118, ISBN 84-8302-916-2</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
 
Con todo, o seu letal arsenal non se limitaba só ás armas físicas: rodeábaos constantemente unha aura de terror que afectaba a todas as criaturas viventes agás as máis poderosas. O seu alento (chamado o Alento Negro) era velenoso, e os seus efectos, tamén coñecidos como a Sombra Negra, contraíanse por exposición a el. As vítimas podían sufrir unha profunda desesperación, inconsciencia, pesadelos e mesmo a morte. Porén, a herba ''[[athelas]]'' podía ser usada para contrarrestar os efectos. As vítimas máis célebres do Alento Negro foron [[Faramir]], [[Éowyn]], e [[Meriadoc Brandigamo|Merri]], que foron sandados por [[Aragorn]] durante a [[Guerra do Anel]].
 
Amais, os seus horríbeis berros causaban terror e desesperación, e o [[Rei Bruxo de Angmar|Señor dos Nazgûl]] era ben coñecido por practicar a maxia negra. Porén, segundo Tolkien, o principal perigo era o medo que inspiraban:
Liña 40:
Rexurdiron en torno ao 1300 T.I., cando o Señor dos Nazgûl, o [[Rei Bruxo de Angmar]], tamén coñecido como o Capitán Negro e o Señor de Morgul, liderou as hostes de Sauron contra os reinos sucesores de [[Arnor]]: [[Rhudaur]], [[Cardolan]] e [[Arthedain]]. Foi finalmente derrotado na loita en 1975 e volveu para [[Mordor]], reunindo aos demais Nazgûl en previsión do regreso de Sauron ao seu reino, e tendo acadado o seu obxectivo de destruír todos os reinos sucesores de Arnor.
 
En 2000, os Nazgûl asediaron [[Minas Ithil]] e capturárona dous anos máis tarde. A partir daquela a cidade pasou a chamarse [[Minas Morgul]], o bastión dos Nazgûl, desde onde dirixiron a reconstrución dos exércitos de Sauron; tamén se fixeron cun ''[[palantír]]'' para o Señor Escuro. En 2942, Sauron regresou a Mordor e manifestouse abertamente en 2951. Enviou a dous ou tres dos Nazgûl (o Segundo dos Nove foi posto ao mando) á súa fortaleza do [[Bosque Escuro]], chamada [[Dol Guldur]], para gornecela de tropas.
En 2942, Sauron regresou a Mordor e manifestouse abertamente en 2951. Enviou a dous ou tres dos Nazgûl (o Segundo dos Nove foi posto ao mando) á súa fortaleza do [[Bosque Escuro]], chamada [[Dol Guldur]], para gornecela de tropas.
 
En 3017, preto do comezo da historia que se conta n'''[[O Señor dos Aneis]]'', após ter ouvido novas acerca do Anel Único, Sauron ordenou aos Espectros do Anel que llo arrebatasen a "Bilbo da Comarca". Disfrazados como xinetes ataviados de negro, procuraron a [[Bilbo Bulseiro]], que, tal e como revelara [[Gollum]], tiña o Anel Único no seu poder. Foi ao redor de 3018 cando os "Nove Camiñantes" da [[Irmandade do Anel]] foron elixidos como homólogos dos "Nove ''Xinetes''".