Evolucionismo teísta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo lusismos
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Descrición: 14 mil millóns
Liña 13:
No [[século XX]] a presenza de crentes en Deus na investigación biolóxica foi notábel: o famoso teólogo e paleontólogo [[Pierre Teilhard de Chardin]] (1881–1955) foi un exemplo de teísta evolucionista. A síntese moderna do evolucionismo (combinando [[Xenética|xenética molecular]] e [[selección natural]]) foi desenvolvida por evolucionistas que crían en Deus: [[Ronald Fisher]] (1890–1962) e [[Theodosius Dobzhansky]] (1900–1975). Recentemente, [[Francis Collins]], director do proxecto [[Xenoma]], publicou unha defensa do teísmo evolucionista onde propón o concepto de ''Bíos polo Logos'', ou simplemente ''BioLogos'' (''bíos'', do [[Lingua grega|grego]] βίος "vida", e ''lógos'' λόγος "palabra", "tratado"). Podemos resumilo nos seguintes puntos:
 
* 1. O universo xurdiu hai aproximadamente 14 billónsmil millóns de anos (pola imposición de leis por Deus);
* 2. A pesar das improbabilidades incomensurábeis, as propiedades do universo parece que foron axustadas para a creación da vida;
* 3. Aínda que o mecanismo exacto da orixe da vida na Terra sexa descoñecido, unha vez que a vida xurdiu, os procesos de evolución e de selección natural permitiron o desenvolvemento da diversidade biolóxica e da complexidade durante espazos de tempo moi amplos;