Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 54:
[[Ficheiro:Peridinium ovatum cyst.png|miniatura|Quiste de ''[[Peridinium]] ovatum'', mostrando a abertura ecdisal.]]
 
Os dinoflaxelados son organismos unicelulares con dous [[flaxelo]]s distintos que saen da súa parte central ('''flaxelación dinoconta'''). Teñen un flaxelo transversal similar a unha fita ondulada que bate cara á parte esquerda da célula, e outro con características máis normais lonxitudinal, que bate na parte posterior.<ref>{{cite journal |author=Taylor FJR |title=Non-helical transverse flagella in dinoflagellates |journal=Phycologia |volume=14 |pages=45–7 |date=March 1975 |doi=10.2216/i0031-8884-14-1-45.1 |url=http://www.phycologia.org/doi/abs/10.2216/i0031-8884-14-1-45.1}}</ref><ref>{{cite journal |author=Leblond PH, Taylor FJ |title=The propulsive mechanism of the dinoflagellate transverse flagellum reconsidered |journal=BioSystems |volume=8 |issue=1 |pages=33–9 |date=April 1976 |pmid=986199 |doi=10.1016/0303-2647(76)90005-8|last2=Taylor }}</ref><ref>{{cite journal |author=Gaines G, Taylor FJR |title=Form and function of the dinoflagellate transverse flagellum |journal=J. Protozool. |volume=32 |issue=2 |pages=290–6 |date=May 1985 |doi=10.1111/j.1550-7408.1985.tb03053.x |url=http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1550-7408.1985.tb03053.x/abstract|last2=Taylor }}</ref> No flaxelo transversal con forma de fita só o bordo externo da fita ondula desde a base ao extremo, debido á acción do axonema que o percorre. O seu bordo axonemal ten pelos simples que poden variar en lonxitude. O flaxelo lonxitudinal é bastante convencional e ten poucos ou ningúns pelos, e bate con só un ou dous períodos na súa onda. Os flaxelos están xeralmente situados en sucos que hai na superficie celular, aínda que nas especies con '''flaxelación desmoconta''' (como ''Porocentrum''), estes non están asociados a sucos. Estes dous sucos chámansereciben os nomes de sulco (''sulcus''), para o flaxelo lonxitudinal, e cíngulo (''cingulum''), para o flaxelo transversal. O flaxelo transversal é o que proporciona a maior parte da forza propulsora da célula, e a miúdo dálle á célula un característico movemento xiratorio, do cal este grupo recibe o seu nome (''dinos'', xirar). O flaxelo lonxitudinal actúa principalmente como un temón, pero tamén proporciona unha pequena cantidade de forza propulsora.
 
Os dinoflaxelados presentan unha complexa cuberta celular chamada [[anfiesma]], composta de [[vesícula]]s aplanadas chamadas alvéolos. Nos dinoflaxelados con armadura, esta cuberta sostén placas de [[celulosa]] superpostas que crean unha especie de armadura chamada teca, que os diferencia dos dinoflaxelados espidos. A teca pode ter varias formas e disposicións, dependendo das especies e ás veces do estado no que se encontre o dinoflaxelado. Convencionalmente, tense usado o termo [[tabulación]] para referirse a estas diferentes disposicións das placas tecais. Existen seis tipos de tabulacións: ximnodinoide, suessoide, goniaulacoide-peridinioide, nanoceratopsioide, dinofisioide e prorocentroide. A formación das placas da teca foi examinada en detalle por medio de estudos ultraestruturais. <ref>Netzel, H., and G. Dürr. 1984. Dinoflagellate cell cortex. In Spector, D. L., ed. Dinoflagellates. Chapt. 3. New York: Academic Press.</ref>