Exiptoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*cais>cales
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *aspeito e outros
Liña 1:
[[Ficheiro:Gizeh Cheops BW 1.jpg|dereita|miniatura|[[Gran Pirámide de Giza|Pirámide]] de [[Queóps]].]]
 
A '''exiptoloxía''' é o estudo do [[Antigo Exipto]] e das antigüidades exipcias. A exiptoloxía estuda a lingua, historia, relixión, arte e economía da cultura exipcia antiga desde o [[V Milenio]] a.C. até o fin do goberno [[Imperio Romano|romano]] no [[século IV]]. O descoñecemento desta cultura ten fomentadofomentou no pasado un culto a supostos coñecementos ocultos e máxicos que caen dentro do terreno do [[esotérico]].
 
== O primeiro coñecemento de Exipto ==
A primeira publicación sobre Exipto foi obra de [[Hecateo de Mileto]], no [[século -VI|século VI]] a.C. pero esta obra xa está perdida. Unha vez extinguida a antiga civilización exipcia perdeuse o coñecemento sobre ela e só ficaron visíbeis as súas grandes creacións arquitectónicas. Para os [[Grecia antiga|gregos]] e [[roma]]nos, Exipto era unha terra de sabios na que se gardaban segredos ancestrais, e lugar ao que había que acudir para formarse. Moitos dos grandes personaxes do mundo grego visitáronno e estudaron alí, como [[Licurgo (lexislador)|Licurgo]], [[Solón]], [[Esopo]], [[Anaxágoras]], [[Demócrito]], [[Tales de Mileto]], [[Pitágoras]] e [[Platón]]. Os capítulos máis extensos dos xeógrafos clásicos, como [[Herodoto]] ([[século -V|século V a.C.]] e [[Diodoro Sículo]] ou [[Estrabón]] ([[século I]]) dedicábanselle a Exipto.
 
Occidente perdeu esta relación cando Exipto entrou no [[Islam|mundo islámico]]. Os [[peregrino]]s medievais que viaxaban á [[Terra Santa]], ou os [[Cruzadas|cruzados]], visitaban ás veces Exipto e os lugares asociados coa vida de [[Xesús Cristo]]; pero as [[Pirámide (construción)|pirámides]], por exemplo, eran consideradas graneiros, como os descritos na historia de [[Xosé]].
 
No [[século XV]] publicáronse en [[Europa]] os ''Hieroglyphica'' de [[Horapollo]], unha obra do [[século IV]] de pretendida orixe exipcia con explicacións simbólicas duns douscentos [[hieroglifo exipcio|hieroglifos]]. Tamén se publicou o ''Corpus Hermeticum'', colección de tratados filosóficos dos primeiros séculos cristiáns con ideas exipcias mesturadas con [[neoplatonismo|neoplatónicas]]. Ambos estesos dous textos confirmaban a crenza dos gregos na superior sabedoría dos exipcios.
 
No [[século XVI]], os [[anticuario]]s comezaronse a interesar polos obxectos exipcios, moitos dos cales foran importados para o culto popular de [[Isis]] desde os comezos do [[Imperio Romano]], e apareceron xa nas primeiras publicacións de antigüidades, xunto cos [[obelisco]]s. A finais deste século iniciáronse as visitas na procura de antigüidades, como as de [[Pietro della Valle]]. Trouxéronse [[momia]]s exipcias, manuscritos [[copto]]s, etc. As viaxes fixéronse máis frecuentes, dada a maior apertura o [[Imperio Otomán]], e realizábannas moitas veces relixiosos ([[capuchino]]s, [[dominico]]s e [[xesuíta]]s).
 
== Viaxes de investigación ==
O astrónomo inglés [[John Greaves]] ([[1602]]-[[1652]]) publicou unha obra seria que contiña medicións exhaustivas das pirámides, análise de escritos sobre elas e incorporando fontes árabes. O [[xesuíta]] francés [[Claude Sicard]] ([[1677]]-[[1726]]), que foi comisionado para investigar monumentos antigos e identificar a localización exacta de Tebas, atribuiu correctamente os [[colosos de Memmon]] e o [[Val dos Reis]]. Outros estudosos contribuironcontribuíron con debuxos, compilacións e a obtención de numerosos obxectos para as coleccións. As obras de [[Georg Zoëga]] ([[1755]]-[[1809]]), un tratado sobre obeliscos e un catálogo de manuscritos coptos, marcan a culminación dos estudos exipcios antes da expedición [[Napoleón|napoleónica]] de [[1798]].
 
== Desciframento da escrita hieroglífica ==
Foi precisamente con esta expedición quecando se pode considerar que naceu a '''exiptoloxía'''. A campaña napoleónica foi acompañada dun equipo de eruditos que atoparon, por exemplo, a [[Pedra de Rosetta]] e, sobre todo, publicaron a ''[[Descrición de Exipto]]'', unha obra fundamental que chegou aos vinte e catro volumes en grandegran formato e se publicou por vez primeira entre [[1809]] e [[1913]]. [[Jean-François Champollion]] ([[1790]]-[[1832]]) viaxou con [[Ippolito Rosellini]] a Exipto na década de 1820; a el se debedébese o desciframento da escrita [[hieroglifo exipcio|hieroglífica]], que logrou axudándose da versión trilíngüe do texto da Pedra de Rosetta.
 
Durante esta época numerosos viaxeiros recorreron Exipto e a Baixa [[Nubia]] saqueando as antigüidades fundamentalmente, e contribuindo ao mellor coñecemento da civilización exipcia. As súas coleccións serviron para crear seccións específicas no [[Museo Británico]], no [[Museo do Louvre]], no [[Rijksmuseum van Oudheden]] ou o [[Museo Egizio]] de [[Turín]]. Porén, no [[Cairo]] non houbo museo expicio até finais da década de 1850.
 
== Desenvolvemento da exiptoloxía ==
Na década de 1840 xa desaparecera a primeira xeración de exiptólogos. En [[1837]] publicáronse os volumes coas copias de numerosísimas inscricións exipcias realizadas por [[J. G. Wilkinson]], que hoxe en día son o único rexistro de como eran un bonbo número de [[Relevo (escultura)|relevos]] que hoxe en día se atopan irreparabelmente danados. Outra obra capital foi ''Denkmäler aus Äegypten und Äthyiopien'' ([[1849]]-[[1859]]), de [[Carl Richard Lepsius]], que contiña unha ampla selección dos monumentos exipcios. Outros exiptólogos notábeis foron [[Lepsius]], [[Heinrich Brugsch]] e [[Auguste Mariette]] ([[1821]]-[[1881]]), que fundou o [[Museo Exipcio do Cairo]], actualmente o máis rico do mundo, e o [[Servizo de Antigüidades de Exipto]]. Até a revolución exipcia de [[1952]], todos os directores deste foron europeos e deles o máis afamado foi [[Gaston Maspero]] ([[1846]]-[[1916]]), sucesor de Mariette.
 
O [[Escocia|escocés]] [[Alexander Rhind]] ([[1833]]-[[1863]]) estableceu os principios que habían de guiar as excavacións científicas. Nelas destaca [[W. M. F. Petrie]] ([[1853]]-[[1942]]), que publicou practicamente un volume cada canoano cos resultados obtidos na campaña do inverno anterior. A súa obra estableceu o marco xeral das áreas e períodos históricos de Exipto.
 
== A partir de 1880 ==
As excavacións científicas foron moi intensas a partir das dúas últimas décadas do [[século XIX]]: excavouseescavouse moito naen [[Nubia]] ao construirseconstruírse e logo ampliarse o [[encoro de Asuán]], por exemplo, e en moitas outras ocasións nas que o obxectivo foi o salvamento; o [[Val dos Reis]], en [[Tebas, Exipto|Tebas]] e as [[momia]]s dos reis do Imperio Novo en [[Deir el-Bahri]]; a tumba de [[Tutankhamón]] ([[1922]], [[Howard Carter]], ao servizo de [[Lord Carnavon]]), ou a tumba de Heteferes ([[1925]], [[G. A. Reisner]], en [[Giza]]); [[El-Amarna]],...
 
A comezos do [[século XX]], [[F.L. Griffith]] e [[Wilhelm Spiegelberg]] realizaron os avanzos máis grandes na compresión das escritas [[Demótico exipcio|demótica]], cursiva e na lingua dos Períodos tardío e grecorromano; [[Adolf Erman]] estudou as fases máis antigas da [[lingua exipcia]]; En [[1927]], sir [[Alan Gardiner]] publicou unha gramática do exipcio do Imperio Medio que ainda hoxe é a referencia. En [[1944]], [[H. J. Polotsky]] publicou un estudo revolucionario dalgunsdalgúns aspeitosaspectos da gramática exipcia e [[lingua copta|copta]]; o dicionario de Adolf Erlman e Hermann Grapow, en once volumes, ([[1926]]-[[1953]]), é tamén a obra de referencia.
 
Fundáronse numerosas institucións estranxeiras dedicadas aos estudos exiptolóxicos, como o Fondo para a Exploración de Exipto, o Instituto Francés de Arqueoloxía Oriental de Cairo ou o Instituto Arqueolóxico Alemán, así como centros de estudo específicos en [[Bruxelas]], [[Chicago]], [[Turín]], etc.
 
O [[Servizo de Antigüidades de Exipto]], ou Consello Supremo das Antigüidades de Exipto, fundado por [[Auguste Mariette]], tivo como primeiro funcionario exipcio a Ahmed kamalKamal ([[1849]]-[[1932]]), que traballou no Museo do Cairo e realizou numerosas excavaciónsescavacións. Desde [[1952]] ambos os dous organismos están en mans exipcias. O Servizo ten excavadoescavado máis que nengunhaningunha outra institución. O responsábel actual é Zahi Hawass{{Cando}}.
 
== Véxase tamén ==