Leonhard Euler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *escrebe
Liña 53:
Preocupado polo tempo de confusión que vivía Rusia, Euler debatíase entre quedar en San Petersburgo e marchar. [[Federico II de Prusia]] ofrécelle un posto en [[Berlín]] na ''[[Academia Prusiana das Ciencias]]'', e Euler acéptao.
 
Deixa San Petersburgo o [[19 de xuño]] de [[1741]] e pasa os seguintes vinte e cinco anos en [[Berlín]], onde escrebeescribe aproximadamente 380 artigos. Alí publica os seus dous máis célebres traballos: [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k33510 ''Introductio in analysin infinitorum''] (versión en francés en [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k3884z]) acerca de funcións e publicado en 1748, e [http://math.dartmouth.edu/~euler/pages/E212.html ''Institutiones calculi differentialis cum eius usu in analysi finitorum ac doctrina serierum''], traballo sobre [[cálculo diferencial]].<ref name="Friedrich">Dunham, 2006.</ref>
 
Ademais, o rei Federico pediulle a Euler que fora o titor da súa sobriña, a Princesa de Anhalt-Dessau. As cerca de 200 cartas que Euler lle escribiu foron recompiladas no libro [http://perso.club-internet.fr/nielrowclub-internet.fr/nielrowbooks/euler.tif ''Lettres a une Princesse d'Allernagne sur quelques sujets de physique et de philosophie''] (versión en castelán: ''Cartas a unha princesa de Alemaña sobre diversos temas de física e filosofía''<ref name="princesa">Mínguez, 1990.</ref>). Nelas Euler expón certos contidos pertencentes á física e á matemática, ademais de ofrecer interesantes elementos para coñecer a súa personalidade e as súas crenzas relixiosas. Foi este o seu libro máis amplamente lido, por enriba de calquera das súas obras matemáticas, o que dá unha mostra da especial habilidade que tiña Euler para comunicar cuestións científicas ao público profano na materia.<ref name="Friedrich"/>