Mina da Parxubeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''Mina da Parxubeira''', tamén coñecida como '''Dolmen de Corveira''', é unha [[anta]] situada na parroquia de [[San Fins de Eirón, Mazaricos|Eirón]], en [[Mazaricos]], no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a.C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.
 
O corredor, pequeno, está orientado cara o leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cobría, así como as [[chanta]]s do lado sul. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A [[mámoa]] tivo un diámetro de entre 19 e 22 m. e contaba cunha coiraza de pedras.
 
No seu interior atopouse un [[enxoval]] consistente en [[lámina de sílex|láminas de sílex]], unha [[punta de frecha]], anacos de [[cerámica campaniforme]] , catro [[estela]]s antropomórficas de [[gneis]] granítico e uns pequenos ídolos de [[coio]]s, un deles con decoración baseada en incisións, chamados [[betilo]]s, todo o cal se atopa no [[Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón|Museo Arqueolóxico da Coruña]]. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.