Metal pesado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q105789
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *prantas
Liña 2:
Desígnanse co nome xenérico de '''metais pesados''' algúns elementos [[Metal (material)|metálicos]] presentes na natureza, de [[densidade]] relativamente alta, e que poden presentar [[toxicidade]] para os organismos vivos, entre eles para o [[ser humano]], especialmente por ser bioacumulativos.
 
TtátaseTrátase, normalmente, de elementos comprendidos entre o cobre e o chumbo na [[táboa periódica dos elementos]], cunha densidade maior de 4 ou 4,5 g/cm3, pero hainos de menor densidade mentres que outros metais, máis densos, non se inclúen neste grupo ó non seren tóxicos. Mesmo os hai que cumpren algunha función biolóxica e cualifícanse, por tal razón, como [[nutriente]]s esenciais, pero que a determinadas concentracións poden resultar tóxicos nalgunha das súas formas (como níquel, manganeso ou cobre); outros non teñen misión biolóxica coñecida (como o cadmio, mercurio, chumbo). Algún elemento incluído entre os metais pesados, coma o arsénico ou o selenio, non son realmente metais.
 
A presenza destes elementos no medio pode significar serios problemas [[Medio ambiente|medioambientais]], debidos á súa ecotoxicidade, e, no caso de estaren presentes nos [[alimento]]s, problemas de [[saúde pública]] entre os [[consumidor]]es.
 
O concepto de metal pesado non obedece a criterios químicos senón biolóxicos, en función da toxicidade que presentan. A [[IUPAC]] (Unión internacional de química pura e aplicada, ''International Union of Pure and Applied Chemistry'') considera que este termo é "''sen sentido e enganoso''" [http://iupac.org/publications/pac/74/5/0793/] e reclama unha definición autorizada, baseada na táboa periódica, e a diferenciación entre os metais puros e os seus posibles compostos tóxicos. Neste sentido, un exemplo claro é a practicamente nula toxicidade do mercurio fronte á elevada toxicidade do metilmercurio, a súa forma orgánica máis perigosa.
 
==Orixe==
Os elementos comprendidos baixo o concepto de metais pesados están presentes na natureza e poden liberarse ó ambiente a través de fenómenos naturais como as emisións [[volcán|volcánicas]], pero os seus efectos negativos sobre o medio adoitan ser consecuencia de residuos da actividade [[minería|mineira]], de [[vertido industrial|vertidos industriais]] ou da incineración de [[combustible fósil|combustibles fósiles]]. Por calquera destas vías, os metais chegan ás augas, ó aire ou ó chan, medios desde os que son absorbidos por plantas e animais ingresando así na [[cadea alimentaria]].
 
Os metais pesados non son [[biodegradabilidade|degradables]], nin química nin bioloxicamente, polo que permanecen activos no medio tralo vertido durante centos de anos, contaminando o chan e acumulándose en prantasplantas e animais, aumentando a concentración a medida que se eleva a [[cadea trófica]].
 
Noutros casos, a súa presenza nos alimentos débese a unha contaminación durante o proceso de elaboración ou á migración desde os [[envase]]s que conteñen eses alimentos. É o caso do estaño, que pode contamina-las [[esterilización dos alimentos|conservas]] ou [[bebida]]s enlatadas.
Liña 21:
* [[Cadmio]]: provoca problemas gastrointestinais e respiratorios.
* [[Chumbo]]: afecta o sistema nervioso, a medula ósea e os riles.
* [[Mercurio (elemento)|Mercurio]]: é, quizais, o metal pesado máis coñecido e estudado, desde a contaminación de peixe por vertidos industriais na cidade xaponesa de Minamata, nos anos [[1950|50]], responsable da denominada, por esta causa, [[enfermidade de Minamata|enfermidade de Minamata]].
 
Pero moitos outros metais entran tamén na clasificación de metais pesados:
Liña 41:
 
==Controis oficiais==
Nos últimos decenios publicousepublicáronse diferentes normas para regula-los límites máximos admisibles nalgúns alimentos, límites que varían segundo o metal considerado e o alimento ou grupo de alimentos onde pode presentarse, tendo en conta o consumo esperado de cada un deles. Nos países europeos a normativa vixente é a que establece o Regulamento (CE) nº 1881/2006 e as sucesivas modificacións <ref>Que regula tamén outros posibles contaminantes diferentes dos metais pesados.</ref>.
 
Ademais, as autoridades sanitarias nacionais e internacionais estableceron diferentes medidas destinadas a reduci-la emisión dos metais considerados tóxicos e a reduci-la inxesta polos consumidores, considerados como poboación en xeral ou, especialmente nos grupos de risco segundo circunstancias particulares (en meniños ou en mulleres [[embarazo|embarazadas]] ou lactantes).