Grou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
== Descrición ==
[[Ficheiro:Grus grus skull.png|miniatura|Esquelete de grou]]
Coma tódolos representantes do xénero ''Grus'' é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130 cm. e alto e teñen unha envergadura alar duns 220 a uns 245 cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10 cm. de longo. A plumaxe é, agás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
 
A cola é as plumas rémixes son negras. As plumas do úmero varían entre o gris e o negro e colgan nos exemplares adultos sobre da cola.. Na época reprodutora a zona dos ombreiros e do lombo ten tons que van do castaño escuro ó cor da terra. Os sexos son difíciles de distinguir a simple vista, malia que os machos son algo meirandes cás femias. Os primeiros pesan entre 5 e 7 quilogramos, as segundas entre cinco e seis.
Os exemplares que acaban de empezar a voar teñen a plumaxe uniformemente castaña agrisada, coa cabeza da cor da área con tons avermellados e sen o debuxo branco e negro dos adultos. Nos exemplares dun ano aparece un debuxo pouco marcado na cabeza e o pescozo, que acaba de definirse nas aves de dous anos, que son xa practicamente idénticas ós adultos..
 
A muda anual das plumas máis pequenas ten lugar dende primeiros de ano ata o outono. A muda completa das aves adultas ten lugar en ciclos de tres ou catro anos.