Caso Gürtel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
o nome do concello é simplemente "Cangas"
Liña 24:
*O caso Gürtel tamén botou raíces en [[Galiza]], pois houbo cartos de aportación para a [[campaña electoral]] galega de 2005. O ex-secretario xeral de organización do [[PPdeG]], Pablo Crespo<ref>[http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009020700_6_295009__Espana-Pablo-Crespo-mano-derecha-PPdeG-detenido-corrupcion Pablo Crespo, man dereita de Cuiña no PPdeG, detido por corrupción]</ref>, é un dos imputados<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/04/01/espana/caso-gurtel-incluye-aportaciones-dinero-campana-gallega/2009033113205154935.html Aportacións á campaña galega do PP]</ref>. Amais, no auto de Garzón figuran unha empresa con sede en [[Vigo]] e mais un alto cargo do PP da [[Deputación de Pontevedra]], o ex alcalde de [[Cangas]] [[José Enrique Sotelo]]<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/05/23/galicia/auto-caso-gurtel-implica-otra-firma-gallega-alto-cargo/2009052321360489220.html O auto do caso Gürtel implica a outra firma galega e mais a un alto cargo do PPdeG]</ref>.
 
*A Xunta de Manuel Fraga autorizou en abril de [[2005]] a construción da cementeira de [[Coirós]], denominada ''Gallega de Molienda de Clinker'' e presidida por Ramón Blanco, citado a declarar por [[Baltasar Garzón]] e antigo socio de [[Pablo Crespo]]<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/07/08/espana/pp-autorizo-cementera-coiros-imputado-gurtel/2009070802475612982.html A cementeira de Coirós presidida por un imputado do Gürtel]</ref>. Catro responsables da cementeira foron detidos en 2011 acusados de fraude fiscal pola Axencia Tributaria<ref>[http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2011/03/16/detenidos-fraude-fiscal-cuatro-responsables-cementera-coiros/477057.html Detenidos por fraude fiscal cuatro responsables de una cementera de Coirós. La Opinion A Coruña]</ref>.
 
*Unha rede de arredor de vinte [[compañía]]s con [[sede]] en Galiza, lideradas por [[Ramón Cerdá Sanjuan]], acabadas de crear ou sen actividade, foi empregada por altos cargos do [[Partido Popular]] implicados no caso para lograren adxudicacións<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2009/07/08/espana/red-ramon-cerda-galicia-hace-anos/2009070802475615043.html A rede de Ramón Cerdá, en Galiza dende 2006]</ref>.