Hormona adrenocorticotropa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
 
== Modo de acción ==
A ACTH únese aos [[receptor acoplado á proteína G|receptores de membrana acoplados á proteína G]] das células do [[córtex suprarrenal|córtex da glándula suprarrenal]]. Esta unión produce un aumento da concentración intracelular de [[AMPc]], que activa a [[adenilciclase]] (unha proteína quinase), que á súa vez activa os [[encima]]s (encima P450scc) responsables da transformación do [[colesterol]] en pregnenolona, un precursor dos glicocorticoides. A ACTH tamén estimula, entre outras proteínas necesarias para a esteroidoxénese, os receptores para a [[lipoproteína]] [[LDL]], e na [[glándula suprarrenal]] fetal, a hidroximetil glutamil coencima A redutase (HMG-CoA redutase), necesaria para a síntese ''de novo'' do colesterol.
 
A taxa plasmática de ACTH presenta un ciclo circadiano, cunha secreción maior durante o día e menor durante a noite. Existe un pico de máxima secreción de 7 a 9 da mañá. Isto indica que dita hormona e os glicorticoides son moi importantes para a actividade normal na vixilia. O desfase do ciclo circadiano da ACTH coa hora do lugar é a causa do malestar físico e psíquico que se dá tras as viaxes intercontinentais, sobre todo se son desde o leste ao oeste.