O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Noitevella: corrixo *prática
Liña 129:
Crese tamén que nesta noite cae unha [[estrela (astronomía)|estrela]] do ceo e desfaise sobre a terra, á vez que nace unha nova estrela para substituíla. Alí onde caían os pedazos sería terra de fecundidade e alegría.
 
Tradicionalmente, no paso do Ano vello para o Ano novo, celebrábase "a queima do facho" ou prender o "lume novo". Esta práticapráctica consistía en preparar entre os veciños un ou varios fachos de palla que se prendían despois da cea. O lume novo tiña especial importancia pois pensábase que durante esa noite, como na de defuntos, as ánimas dos devanceiros devalaban polas aldeas e se aquecían ao seu carón. O lume do facho ou das fogueiras xunto ás que se reunia a viciñanza era levado despois para as casas e mantido até o mencer, deixándose tamén comida para que os finados da casa participasen da cea dos vivos.
 
O moderno costume de comer doce [[uva]]s ó son das doce badaladas que marcan a medianoite tamén é común en Galicia. Pero en [[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]] fano ás 12 da mañá do día 31, costume xurdido hai 10 anos, cando un corte de luz impediu facelo na noitevella [http://www.antena3.com/noticias/cultura/nochevieja-vilagarcia-arousa-mediodia_2009123100042.html].