Campo Municipal de Monte Porreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *respostou
Liña 17:
O '''Campo Municipal de Monte Porreiro''' é un novo recinto deportivo da cidade de [[Pontevedra]], sito no lugar de [[Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra|Monte Porreiro]], homologado para a práctica do [[fútbol]] e o [[rugby]]. As súas dimensións son de 111 por 72 metros, e a superficie é de herba sintética.
==Construción==
A construción do recinto respostouobedeceu a unha demanda de varios anos dos veciños de [[Monte Porreiro, Mourente, Pontevedra|Monte Porreiro]] que pedían que o vello campo de terra fose arranxado e cuberto de herba artificial. O concello e a deputación de Pontevedra chegaron a un acordo en [[2009]], e asinaron un convenio polo cal o goberno local achegaría 477.000 euros e o goberno provincial 276.000. A obra foi levada a cabo pola empresa E.C. Casas, e o novo campo foi inaugurado o [[27 de marzo]] de [[2011]] polo alcalde [[Miguel Anxo Fernández Lores]] e o presidente da deputación [[Rafael Louzán]]. As instalacións do recinto contan con bancadas desmontables, banquiños, taboleiro electrónico, accesos independentes para deportistas e seareiros, e a posibilidade de partir o campo en 2 campos transversais de fútbol 7 para nenos pequenos. Os promotores da construción teñen falado da posibilidade de instalar un tellado sobre as bancadas, novos vestiarios e unha cafetería.
==Localías==
Os equipos de rugby [[Mareantes Rugby Clube Pontevedra]], [[Pontevedra Rugby Club]] e o equipo de fútbol [[Sociedad Deportiva Monteporreiro|SD Monteporreiro]] xogan os seus encontros como locais neste novo recinto deportivo.