MTV Unplugged in New York: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *respostou
Liña 23:
A banda dedicou dous días a ensaiar o concerto. As sesións de ensaio foron tensas e difíciles, tendo problemas ao interpretar distintas cancións. Durante estes días Cobain non estivo de acordo coa MTV en como a actuación debía ser presentada. O produtor [[Alex Coletti]] recordou que á cadea non lle entusiasmaba a idea de levar aos Meat Puppets como convidados ("Eles querían escoitar os nomes ''corretos''-como [[Eddie Vedder]] ou [[Tori Amos]] ou deus sabe quen", dixo Coletti) e a ausencia de éxitos de Nirvana no repertorio. Molesto, o día antes da filmación Cobain negouse a tocar. Porén, apareceu no estudioa seguinte tarde. Cobain estaba sufrindo síndrome de abstinencia e nerviosismo nese momento; un observador dixo, "Non había bromas nin risas, non se lle vía divertirse... Polo tanto, todo o mundo estaba un pouco preocupado polo seu rendemento"<ref name="Cross302" />.
 
Nirvana gravou a súa actuación para o ''MTV Unplugged'' o [[18 de novembro]] de [[1993]] nos [[Sony Studios]] de [[Nova York]]. A pesar da premisa do espectáculo, Cobain insistíu en que a súa guitarra acústica soase a través do seu amplificador pasando por pedais de efectos. Coletti construíu unha caixa falsa que colocou fronte o amplificador para disfrazalo de cuña de monitorado. Coletti dixo, "Deulle seguridade a Kurt. Estaba acostumado a escoitar esa guitarra a través do seu [amplificador] Fender". El quería eses efectos. Pódese escoitar en 'The Man Who Sold The World'. É unha guitarra acústica, pero obviamente soaba a través dun amplificador". No concerto a banda estivo acompañada polo guitarrista [[Pat Smear]] e a chelista [[Lori Goldston]], que xiraran co grupo. Cobain suxeríu que o escenario fose decorado con lirios orientais, velas negras e unha lámpada de araña de cristal. A solicitude de Cobain fixo que o produtor do programa lle preguntase, "Queres dicir como un funeral?", ao cal o cantante respostourespondeu, "Exactamente. Como un funeral"<ref>Cross, p. 304</ref>.
 
A diferenza da meirande parte dos artistas ue apareceron no programa, Nirvana filmou toda a actuación nunha única toma<ref name="Witness">"Bare Witness: Nirvana Unplugged". ''Nirvana: MTV Unplugged in New York'' [DVD]. Geffen Records/MTV Networks, 2007.</ref>. O repertorio de catorce temas incluía seis versións. O grupo evitou tocar as súas cancións máis coñecidas; o único éxito que interpretaron foi o sinxelo de [[1992]] "[[Come as You Are]]"<ref name="Witness" />. Tras dez temas, [[Cris Kirkwood|Cris]] e [[Curt Kirkwood]] dos Meat Puppets uníronse a Nirvana no escenario para interpretar tres das súas cancións. O concerto rematou co tema tradicional "[[Where Did You Sleep Last Night]]", arranxado polo músico de [[blues]] [[Lead Belly]]. Tras finalizar Cobain discutíu cos produtors, que querían un "bis". Cobain negouse porque sentía que nada podería superar a esa última canción<ref>Cross, p. 305</ref>.