Movemento punk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Os primeiros punks contaban cun bo feixe de antecedentes e influencias, e o xornalista musical Jon Savage describiu á subcultura coma unha "bricolaxe" de case todas as subculturas da mocidade previas que existiron en occidente dende a [[Segunda Guerra Mundial]] "enganchadas con imperdibles". Varios movementos filosóficos, políticos e artísticos influenciaron á subcultura. Particularmente o punk debuxase dende diversas correntes da arte moderna. Varios escritores, libros e movementos literarios foron importantes na formación da estética punk. O [[punk rock]] tamén ten grande variedade de influencias, tanto dentro do rock coma fóra.
 
A primeira forma do [[punk rock]], bautizada retrospectivamente [[protopunk]], comezou coma un resurximentorexurdimento do [[garaxe rock]] no noreste dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a finais dos anos 60. A primeira escena musical á que se lle colgou a etiqueta punk apareceu en [[New York]] entre [[1974]] e [[1976]]. Máis ou menos ao mesmo tempo ou pouco despois desenvolveuse unha escena punk en [[Londres]] e a esta seguiríalle [[Los Angeles]]. Esas tres cidades formaron a columna vertebral do florecente movemento, aínda que tamén existiron outras escenas menores en cidades coma [[Brisbane]] e [[Boston]].
 
Ao redor de [[1977]] a subcultura comezou a diversificarse coa proliferación de faccións coma o [[2 Tone]], [[Oi!]], [[pop punk]], [[New Wave]] e [[No Wave]]. Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], durante os primeiros anos dos 80, o punk viviu un renacemento na forma do [[hardcore punk]], que pretendía rematar coas frivolidades introducidas nos últimos anos do movemento orixinal, mentres que no [[Reino Unido]] apareceu un movemento paralelo chamado [[streetpunk]]. Ámbolos dous estenderíanse a outras rexións ao igual que o fixera o [[punk rock]]. De mediados dos 80 a principios dos 90 nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] varias escea ''underground'' evolucionaron do punk ou aplicaron a súa actitude aos novos estilos, aparecendo así o [[rock alternativo]] e o [[indie rock]]. Un novo movemento fíxose visible nos Estados Unidos a comezos da década dos 90 tratando de revivir o movemento punk, deixando atrás toda a parefernalia do hardcore.