Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
o verbo casar non é pronominal
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 82:
Aínda que na súa mocidade Guillerme fora un gran admirador de [[Otto von Bismarck]], a impaciencia característica de Guillerme II e sobre todo a determinación pola súa banda de reinar e administrar ao mesmo tempo -a diferenza do seu avó, que adoitaba encargar a administración diaria ao brillante Bismarck- levouno rápidamente a un conflito co «Chanceler de Ferro», a figura dominante na fundación do seu imperio. O vello chanceler cría que Guillerme II era un home lixeiro, que podía ser dominado, e mostraba respecto polas ambicións deste na década de [[1880]]. Logo dun intento do seu parte de introducir unha lei antisocialista de longo alcance a principios da década de [[1890]], a separación final entre o monarca e o estadista ocorreu pronto. Guillerme II non estaba disposto a iniciar o seu reinado cunha masacre por xunto de traballadores industriais, e despediu a Bismarck en 1890.
 
Guillerme II designou entón no seu lugar a [[Leo von Caprivi]], que posteriormente foi substituído polo [[Príncipe Chlodwig zu Hohenlohe-Schillingsfürst]] en 1894. Ao designar a Caprivi e logo a Hohenlohe, Guillerme II embarcábase no que se coñece como «o novo curso», por medio do cal esperaba exercer unha decisiva influencia no goberno do imperio. Os historiadores debaten acerca do grado de éxito que tivo Guillerme II ao implantar o «goberno persoal» na súa época. Pero queda clara a diferenza que existía entre a coroa e o chanceler no período de Guillerme II. Estes chanceleres eran servidores civís veteranos, non eran homes de estado, políticos, como Bismarck foino. Guillerme II quixo evitar o resurximentorexurdimento de Bismarck, o «Chanceler de Ferro», a quen chegara a detestar, chamándoo «vello brután e augafestas». Bismarck xamais permitira a ningún ministro ver en persoa ao emperador sen estar el presente, mantendo así a súa influencia e a súa poder político. Logo do seu retiro forzado, ata o día da súa morte, Bismarck converteuse nun duro crítico das políticas de Guillerme II, pero sen o apoio do árbitro supremo de todas as designacións políticas (o emperador), había pouca oportunidade para que o vello chanceler puidese exercer algunha influencia.
 
O que si logrou Bismarck foi a creación do «Mito Bismarck». Esta visión (que algúns dirían que foi confirmada por sucesos posteriores) sostiña que co despedimento de Bismarck, Guillerme II desfixera calquera posibilidade de que Alemaña tivese un goberno estable e efectivo. Desde este punto de vista, o «novo curso» de Guillerme II caracterizouse polo descontrol do goberno alemán, eventualmente conducindo á nación por unha serie de crise ata os horrores das dúas guerras mundiais. Pero en realidade, Guillerme II estivo probablemente no correcto ao despedir a Bismarck, un home cuxas habilidades políticas estaban diminuíndo e que se volveu perigosamente hostil cos elementos socialistas dentro do ''[[Imperio alemán|Reich]]''.