Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Tebas, Grecia
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
O [[Peloponeso]] someteuse ao déspota Miguel de Epiro e Tebas e Atenas constituíronse en baronía dependente do rei de [[Tesalónica]] concedida a Odón I de la Roche; a illa de Negroponte ([[Eubea]] -ou [[Évvoia]]-) foi doada a Xaime de Avesnes. Godofredo de Villehardouin e Guillerme de Champlitte invadiron o Peloponeso e ocuparon [[Elide]] e [[Arcadia]], desfacendo as tropas enviadas polo déspota Miguel na [[Batalla de Kondura]]. Guillerme foi proclamado príncipe de [[Acaia, Grecia|Acaia]], con poder feudal sobre Atenas e Tebas aínda que feudatario do rei de Tesalónica. Godofredo foi proclamado príncipe de Koron e [[Kalamata]].
 
O ano [[1206]] foi de calma, con Miguel intentado refacer as súas tropas. Na primavera de [[1207]] atacou aos latinos pero foi derrotado na [[Batalla de Lakos]]. Esta derrota e os feitos que se desenvolveron na rexión (o fortalecemento do Emperador que asegurou a submisión do reino de Tesalónica, que non respectaba a soberanía imperial) fixeron que en [[1209]], no Parlamento de Ravenica, Miguel I se recoñecese como vasalo do [[Imperio latino]]: unha filla de Miguel casousecasou con Eustaquio, irmán do emperador, selando así a alianza.
 
En [[1210]] a debilidade de Miguel obrigouno a asinar un tratado con [[Venecia]] (xuño) polo que recoñecía a soberanía feudal da República. Para contrarrestar, intentou expandirse por [[Tesalia]] no mes de decembro, pero o exército imperial impediullo. En [[1211]] tivo que enviar un continxente para loitar á beira do emperador contra o príncipe búlgaro de Prosec.
Liña 48:
En [[1274]], o emperador bizantino Miguel VII, ameazado por Carlos de Anjou que aspiraba ao imperio latino, atacou Albania. Dirixíaa flota bizantina o [[pirata]] Licario, que se puxo ao servizo do emperador e que tamén ocupou algunhas illas do mar [[Exeo]]. Carlos de Anjou era tamén unha ameaza para Nicéforo Andrónico e en [[1279]] declarouse vasalo do anxevino. En [[1281]] os bizantinos atacaron a Carlos nas súas posesións albanesas, concretamente en [[Berat]], e obtiveron unha vitoria parcial. Pero, no verán, Carlos reuniu continxentes de [[Francia]], enviados do Papa, Serbia, Bulgaria, Acaia, Tesalia, Epiro, Atenas e Venecia, e restaurou o control sobre Albania. A morte de Miguel Paleólogo e as [[vésperas sicilianas]] puxeron fin ás loitas en [[1282]]. En [[1290]] morreu o déspota de Tesalia sen sucesión e os seus territorios pasaron á liña de Epiro, representada por Nicéforo Andrónico. Este morreu en [[1296]] e foi sucedido polo seu fillo Tomé, baixo rexencia da súa curmá Ana.
 
No ano [[1300]], Xoán Orsini, fillo do conde de [[Cefalonia]], construíu unha fortaleza nas illa de [[Leucas]] que dependía de Epiro pero que reclamaban os de Orsini. Tomé de Epiro casousecasou en [[1304]] cunha neta do emperador Andróníco II de Bizancio, fortalecendo o partido probizantino, mentres o partido anxevino, representado por Tamara, irmá de Tomé, perdía forza. En [[1310]] producíronse combates coa compañía catalá dos [[almogávares]] que acababan de saír de Tesalia e entraran ao servizo do duque Gualterio de Atenas.
 
=== O fin do despotado ===