Pierre Simon Laplace: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Obra: lig int
Breogan2008 (conversa | contribucións)
o verbo casar non é pronominal
Liña 16:
 
== Biografía ==
Nado nunha familia de granxeiros da baixa [[Normandía]], marchou estudar na [[Universidade de Caen]] onde foi recomendado a [[D'Alembert]], quen, impresionado pola súa habilidade matemática, o recomendou para un posto de profesor na Escuela Militar de París en [[1767]], onde tivo entre os seus discípulos a [[Napoleón]]. En [[1785]] foi nomeado membro da Academia de Ciencia e en [[1795]], membro da cátedra de matemáticas do Novo Instituto das Ciencias e as Artes, que presidiría en [[1812]]. En [[1788]], casousecasou coa xoven Marie-Charlotte de Courty de Romanges, pertencente a unha familia de [[Besançon]] e 20 anos máis xoven ca el, con quen tivo dous fillos: Sophie-Suzanne e Charles-Émile, nado en [[1789]] e que alcanzaría o grao de xeneral. En [[1795]], Laplace empezou a publicar o primeiro dos cinco volumes que constitúen a súa ''Mecánica celeste'' e en [[1796]] imprimiu a súa ''Exposition du système du monde'', onde revela a súa [[hipótese nebular]] sobre a formación do [[sistema solar]].
 
En [[1799]] foi nomeado ministro do interior durante o [[Consulado (Francia)|Consulado]], aínda que non estivo no cargo máis de seis semanas. O seu antigo alumno [[Napoleón Bonaparte|Napoléon I]] conferiulle en [[1805]] a [[lexión de honra]] e en [[1806]] o título de conde do [[Primeiro Imperio francés|Imperio]]. En [[1812]] publica a súa ''Teoría analítica das probabilidades'' e en [[1814]] o seu ''Ensaio filosófico sobre a probabilidade''. En [[1816]] foi elixido membro da Academia Francesa. A pesar do seu pasado bonapartista, trala [[Segunda Restauración|restauración]] dos [[Borbón]]s foi bastante hábil como para conseguir ser nomeado marqués en [[1817]].<ref>[http://www.academie-francaise.fr/immortels/base/academiciens/fiche.asp?param=336 Biografía] da [[Académie française]]</ref>