Vitoria do Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
idioma francés > lingua francesa
Breogan2008 (conversa | contribucións)
o verbo casar non é pronominal
Liña 34:
Vitoria era filla do príncipe [[Eduardo de Kent (1767-1820)|Eduardo]], [[duque de Kent]] e [[Duque de Strathearn|Strathearn]], cuarto fillo do rei [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]]. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá [[Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld]]. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.
 
CasouseCasou co seu primocurmán, o príncipe [[Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha]] en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casáronse con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberto en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o [[republicanismo]] gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de [[xubileu de ouro|ouro]] e de [[xubileu de diamante|diamante]] foron moi celebrados.
 
O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do [[Reino Unido]] e coñecéuselle como [[época vitoriana]]. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do [[Imperio británico]]. Vitoria foi a última monarca da [[casa de Hannover]]. O seu fillo e sucesor, [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]], pertencía á nova [[casa de Saxonia-Coburgo e Gotha]].
Liña 42:
En 1817 a princesa [[Carlota Augusta de Gales]] morreu dando a luz a un fillo que naceu morto, provocando unha crise sucesoria no Reino Unido.<ref>Dulcie M. Ashdown, ''Victoria and the Coburgs'' (Londres, U.K.: Robert Hale, 1981), páx. 38. {{en}}</ref> Carlota era a única filla do príncipe rexente (o futuro [[Xurxo IV do Reino Unido|Xurxo IV]], fillo maior de [[Xurxo III do Reino Unido]], que actuaba como rexente debido á enfermidade do seu pai) e da súa esposa «repudiada» [[Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel]].<ref>Hugh Montgomery-Massingberd (editor), ''Burke's Royal Families of the World'', Volumem 1: Europe & Latin America (Londres, U.K.: Burke's Peerage Ltd, 1977), páx. 40 {{en}}</ref> O nacemento foi visto como algo milagroso, xa que os pais alegaban non manter máis de tres relaciones sexuais durante o matrimonio, polo que o nacemento doutro fillo do príncipe Xurxo sería, como mínimo, improbable.<ref>Williams, Kate (2008). ''Becoming Queen Victoria''. Nueva York: Ballantine Books. ISBN 978-0-345-46195-7. páx. 24. {{en}}</ref>
 
A liña de sucesión ao trono británico extinguiuse rápidamente: Xurxo III tiña doce fillos, pero ningún neto lexítimo que puidese herdar a coroa. As súas cinco fillas estaban solteiras ou eran estériles e ningún dos seus fillos estaba casado, a excepción do segundo, [[Federico de York|Federico]], que tampouco tiña fillos.<ref>Alison Weir, ''Britain's Royal Family: A Complete Genealogy'' (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 286. {{en}}</ref> Isto provocou unha «carreira» por casarse por parte dos príncipes solteiros.<ref name="ReferenceA">Van Der Kiste, John, ''Childhood at Court 1819-1914'', Sutton Publishing, 1995, páx. 2. {{en}}</ref> O seu terceiro fillo, [[Guillerme IV do Reino Unido|Guillerme]], casousecasou coa princesa [[Adelaida de Saxonia-Meiningen]], de cuxo matrimonio naceron dúas fillas: Carlota (1819) e Isabel (1820), ambas mortas antes de cumprir dous anos,<ref>Alison Weir, ''Britain's Royal Family: A Complete Genealogy'' (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 302. {{en}}</ref> e varios abortos espontáneos, o último de xemelgos en 1821, polo cal era probable que non terían máis fillos.<ref>[[Philip Ziegler|Ziegler, Philip]] (1971). ''King William IV''. Londres: Collins. ISBN 0-00-211934-X, pp.126–127 {{en}}</ref>
 
O cuarto fillo de Xurxo III, [[Eduardo de Kent (1767-1820)|Eduardo]], casousecasou con [[Vitoria de Sajonia-Coburgo-Saalfeld]], viúva do [[Carlos de Leiningen|duque de Leiningen]] -co que había ter dous fillos, [[Carlos Federico de Leiningen|Carlos]] e [[Feodora de Leiningen|Feodora]]-, e irmá do viúvo de Carlota, [[Leopoldo I de Bélxica|Leopoldo de Saxonia-Coburgo e Gotha]]. Deste casamento naceu en 1819 unha filla chamada Alexandrina Vitoria. Tralas mortes sucesivas das curmás e do pai uns meses despois e, xa en 1830, de [[Xurxo IV do Reino Unido|Xurxo IV]], Vitoria converteuse na [[herdeiro presunto|herdeira presunta]] ao trono británico.<ref name="ReferenceA"/>
 
== Nacemento e familia ==
[[Ficheiro:Princess Victoria aged Four.jpeg|miniatura|Pintura da princesa Vitoria á idade de catro anos, por Stephen Poyntz Denning.]]
O pai de Vitoria, o príncipe [[Eduardo de Kent (1767-1820)|Eduardo]], casousecasou coa princesa Vitoria o [[30 de maio]] de [[1818]] no [[palacio de Ehrenburg]] en [[Coburgo]]. Para que non houbese dúbidas sobre a validez do matrimonio, realizouse unha segunda cerimonia en Inglaterra, no [[palacio de Kew]], o [[11 de xuño]] dese mesmo ano, o mesmo día que o irmán maior do príncipe, o tamén príncipe Guillerme, casousecasou coa princesa Adelaida de Saxonia-Meiningen.<ref name="Van Der Kiste 1995">Van Der Kiste, John, ''Childhood at Court 1819-1914'', Sutton Publishing, 1995, páx. 2 {{en}}</ref>
 
O pai da futura raíña tiña bastantes débedas antes do matrimonio, pero a súa situación económica empezou a agravarse aínda máis: como Eduardo non estaba de acordo coas posturas políticas do seu irmán, o [[Xurxo IV do Reino Unido|príncipe rexente]], este negouse a axudalo e, por iso, os pais de Vitoria tiveron que irse de Inglaterra e empezaron a vivir en Alemaña.<ref name="Van Der Kiste 1995"/> Poucas semanas despois, Vitoria soubo que estaba embarazada e o duque deuse conta da importancia que tiña o feito de que o neno nacese en Inglaterra. Por iso, coa axuda dalgúns amigos, conseguiu reunir o diñeiro suficiente para a viaxe cando a duquesa estaba embarazada de sete meses. Chegaron ao seu destino o [[24 de abril]] de [[1819]] e instaláronse no [[palacio de Kensington]].<ref name="Van Der Kiste 1995"/> Alí naceu a futura raíña Vitoria xusto un mes despois, o [[24 de maio]] ás 4:15.<ref>Hibbert, pp. 3–12; Strachey, pp. 1–17; Woodham-Smith, pp. 15–29</ref>
Liña 63:
[[Ficheiro:Franz Xaver Winterhalter Queen Victoria.jpg|dereita|miniatura|Vitoria na súa mocidade.]]
 
En 1836 o irmán da duquesa, [[Leopoldo I de Bélxica|Leopoldo]], que se converteu en rei de Bélxica en 1831, empezou a facer plans para casar á súa sobriña Vitoria co seu sobriño [[Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha|Alberto]].<ref>Longford, pp. 29, 51; Waller, p. 363; Weintraub, pp. 43-49</ref> Leopoldo, a nai de Vitoria e o pai de Alberte (o duque [[Ernesto I de Saxonia-Coburgo e Gotha]]) eran irmáns. Leopoldo convenceu á súa irmá para invitar aos parentes de Coburgo para que a visitasen en maio de 1836, co obxectivo de presentar a Alberte a Vitoria.<ref>Longford, p. 51; Weintraub, pp. 43-49</ref> Con todo, Guillerme IV non aprobaba ningún tipo de unión dos membros da súa familia cos Coburgo e preferise que o seu sobriña casousecasou co príncipe [[Alexandre dos Países Baixos (1818-1848)|Alexandre dos Países Baixos]], segundo fillo de [[Guillerme II dos Países Baixos]].<ref>Longford, pp. 51?52; St Aubyn, p. 43; Weintraub, pp. 43?49; Woodham-Smith, p. 117</ref> Vitoria sabía da existencia destes plans e daba a súa opinión sobre os príncipes elixibles que lle presentaban.<ref>Weintraub, pp. 43-49</ref> Segundo o seu diario, a Vitoria sempre lle gustou a compañía de Alberte. Ao final da visita, escribiu: «[Alberte] é extremadamente guapo, o seu pelo é do mesma cor que o meu, os seus ollos son grandes e azuis e ten un nariz bonito e unha boca moi doce cuns bos dentes. Pero o encanto da súa cara reside na súa expresión, que é moi agradable».<ref>Weintraub, p. 49 e Marshall, p. 27</ref> Por outra banda, atopaba a Alexandre «demasiado simple».<ref>Hibbert, p. 99; St Aubyn, p. 43; Weintraub, p. 49 e Woodham-Smith, p. 119
</ref>
 
Liña 172:
O [[14 de xaneiro]] de [[1858]] un refuxiado italiano que vivía en Gran Bretaña intentou asasinar a Napoleón III cunha bomba fabricada en Inglaterra.<ref>Hibbert, pp. 241-242; Longford, pp. 280-281; St Aubyn, p. 304; Woodham-Smith, p. 391</ref> Isto provocou unha crise diplomática que desestabilizou o goberno e fixo que Palmerston dimitise. Derby volveu ser primeiro ministro.<ref>Hibbert, p. 242; Longford, p. 281; Marshall, p. 117</ref> Vitoria e Alberte estiveron presentes na apertura dunha nova base no porto militar francés de [[Cherburgo]] o [[5 de agosto]] de [[1858]], un intento por parte de Napoleón para asegurar a Gran Bretaña que o seu armamento estaba dirixido cara a outro lugar. Cando regresou a Inglaterra, Vitoria escribiu a Derby e reprendeulle polo débil estado da mariña real británica en comparación coa francesa.<ref>[http://www.nmm.ac.uk/collections/explore/object.cfm?ID=BHC0637 «Napoleon III Receiving Queen Victoria at Cherbourg»] (en inglés), 5 de agosto de 1858, [[National Maritime Museum]].</ref>
 
Once días despois do intento de asasinato en Francia, a filla maior de Vitoria casousecasou co príncipe [[Federico III de Alemaña|Federico de Prusia]] en Londres. Estaban prometidos desde 1855, cando a princesa real só contaba con 14 anos. O matrimonio foi atrasado pola raíña e polo príncipe ata que esta cumprise 17.<ref>Longford, pp. 259-260; Weintraub, pp. 326 ff.</ref> A raíña e o príncipe Alberte esperaban que a súa filla e a súa ierno fosen responsables da liberalización do crecente [[Reino de Prusia|reino prusiano]].<ref>Longford, p. 263; Weintraub, pp. 326, 330</ref> Vitoria sentiu «unha dor no corazón» ao ver á súa filla deixar Inglaterra para vivir en Alemaña. «Fai que me arrepinta», escribiulle nunha das súas frecuentes cartas, «cando vexo ás túas irmás, tan doces, tan felices e penso que as vou a ter que deixar marchar unha a unha».<ref>Hibbert, p. 244</ref> Case un ano despois, a princesa Vitoria deu a luz ao primeiro neto da raíña Vitoria, o futuro [[káiser]] [[Guillerme II de Alemaña]].
 
== Viuvez ==