Turbeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 38:
 
==Vexetación das turbeiras galegas==
A vexetación das turbeiras está constituída basicamente por prados húmidos de [[buño]]s e gramíneas nos que asoman distintos [[brión]]s, sobre todo brión de turbeiras e nas partes máis secas aparecen [[carroucha]]s e [[queiroa]]s. Nas zonas máis enchoupadas aparecen plantas higrófilas coma as plantas carnívoras rabelas e pinguículas. Tamén aparecen [[xunco]]s dispersos. Nas turbeiras baixas a vexetación sempre é dependente da auga e nutrientes do solo, estando mellor desenvolvidas nas zonas de terreos menos acedos de Lugo e Ourense. Nas turbeiras elevadas as elevacións centimétricas soenadoitan estar compostas por unha mestura de brións de turbeira, rabelas e gramíneas; os seus prados, do mesmo xeito que os das turbeiras de cobertor, presentan xuncas de algodón, que é a planta predominante.
Os brións posúen unhas estruturas especiais semellantes ás raíces, talo e follas da maioría dos vexetais; son os [[rizoide]]s, que agarran a planta ao solo, os [[caulidio]]s, que elevan á planta do solo e os [[filidio]]s, que actúan coma pequenas “folliñas”. Os brións de turbeira non posúen rizoides pero si as outras estruturas. Por outra banda os cauloide e os filoides posúen unha célula de grosor, fundamental para manter a humidade na turbeira, pois a metade das células que ten o [[esfagno]] están mortas e furadas, o que lles permite absorber auga até vinte veces o seu peso. Esta capacidade de reter auga permite o desenvolvemento doutros vexetais. Ademais o esfagno ceiba substancias que paralizan o crecemento dos microorganismos descompoñedores e como medra constantemente, as súas partes vellas quedan abaixo descompoñéndose moi devagar, colaborando na formación da turba.
En Galicia hai máis de 10 especies de brións de turbeira, entre eles o endemismo galego ''[[Sphagnum pylaesii]]''.