Carlos II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 56:
 
=== O conflito entre don Juan José de Austria e Nithard: A caída do valido ===
[[Ficheiro:Juan Jose de Austria.jpg|miniatura|esquerda|Retrato de Juan José de Austria, anónimo madrileño do [[século XVII]].]]
Entre [[1665]] e [[1668]], [[Juan José de Austria]], fillo bastardo de [[Filipe IV de España|Filipe IV]] e, por tanto, medio-irmán de Carlos II, loitou con forza por conseguir un posto de relevancia na Corte, visiblemente desgastado polas súas continuadas campañas militares en [[Italia]], [[Cataluña]], [[Flandres]] e [[Portugal]].
 
Cando finou Filipe IV, en setembro de [[1665]], don Juan tiña 36 anos, mentres que o seu medio-irmán, Carlos II, tan só 4. No seu testamento<ref>''Testamento de Felipe IV'' (1982), introducción de Domínguez Ortiz, Antonio. Colección Documenta</ref> o Rei deixou disposto o seguinte (cláusula 37):
 
{{cita|''Port cuanto teño declarado por meu fillo a don Juan José de Austria, que lle houbese sendo casado, e o recoñezo por tal, rogo e encargo ao meu sucesor e á Raíña, a miña moi querida e amada muller, lle amparen e favorezan e se sirvan del como de cousa miña, procurando acomodarlle de facenda, de xeito que poda vivir conforme a súa calidade, se non se lla dera eu antes da miña morte.''<ref>''Por cuanto tengo declarado por mi hijo a don Juan José de Austria, que le hube siendo casado, y le reconozco por tal, ruego y encargo a mi sucesor y a la Reina, mi muy cara y amada mujer, le amparen y favorezcan y se sirvan de él como de cosa mía, procurando acomodarle de hacienda, de manera que pueda vivir conforme a su calidad, si no se la hubiero dado yo antes de mi muerte''.</ref>}}
 
Porén, don Juan quedou excluído de todo posto político de relevancia, sexa na Xunta de Rexencia que no Consello de Estado, o que provocou nel un gran estado de prostración, como así indicaba por escrito á Raíña:
 
{{cita|''[...] que non se dirá contra o máis sagrado da miña intención se vesen que Vosa Maxestade me pechaba a porta que Vosa Maxestade que Deus teña ''[Filipe IV]'' abriume para concorrer nos bancos dun Consello, que é a porta do toque da confianza, e o aprecio dos máis relevantes vasalos, acaso o teño desmerecido despois acá co meu proceder, ou se viu sombrea ou asomo que poda escurecelo? Non señora, nin isto foi, nin pode Vosa Maxestade permitir que me faga un desfavor deste tamaño.''<ref>''[...] que no se dirá contra lo más sagrado de mi intención si viesen que Su Majestad me cerraba la puerta que Su Majestad que Dios haya ''[Felipe IV]'' me abrió para concurrir en los bancos de un Consejo, que es la puerta del toque de la confianza, y el aprecio de los más relevantes vasallos, ¿acaso lo he desmerecido después acá con mi proceder, o se ha visto sombra o asomo que pueda oscurecerlo? No señora, ni esto ha sido, ni puede Vuestra Majestad permitir que me haga un disfavor de este tamaño.''</ref><ref>A.H.N., Estado, Libro 873.</ref>}}
 
A todo isto uniuse o seu malestar, como o de outros grandes e nobres, polo rápido ascenso do xesuíta Nithard.
 
No terreo político Nithard tivo continuos fracasos, tanto no interior como o exterior (valga recordar o malestar pola firma do [[Tratado de Lisboa (1668)|Tratado de Lisboa]] que recoñecía oficialmente a independencia de [[Portugal]]). Gañouse ademais moitas antipatías por aconsellar a prohibición das representacións teatrais.
 
Por outra banda, as exigencias de diñeiro para facer fronte aos múltiples problemas expresados, poñían de relevo a incapacidade do confesor de poñer en marcha unha política económica eficiente. Ademais, os seus proxectos conducentes ao establecemento dunha contribución única e a rebaixar os impostos do consumo, non foron aceptados.
 
== Reinado de Carlos II (1665-1700) ==