Carlos II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
Mariana de Austria mi muy chara, y amada muger con todas las facultades, y poder, que conforme a las leyes fueros, y privilegios, estilos y costumbres de cada uno de los dichos mis regnos, estados y señoríos..."[http://books.google.es/books?id=pSF_IuTjZ2UC&pg=PA678 Copia del testamento de Felipe IV], cláusula 21.</ref>}}
 
A raíña sería asistida por unha [[Xunta de Rexencia]] formada por seis membros: o Presidente do Consello de Castela ([[García de Avellaneda y Haro|García Haro Sotomayor y Guzmán, conde de Castrillo]]) , o Vicechanceler do Consello de Aragón ([[Cristóbal Crespí de Valldaura]]), un representante do Consello de Estado ([[Gaspar de Bracamonte y Guzmán|Gaspar de Bracamonte y Guzmán, conde de Peñaranda]]), un Grande de España ([[Guillén Ramón de Moncada y Castro|Guillén Ramón de Moncada, marqués de Aytona]]), o Inquisidor Xeral (cardeal [[Pascual de Aragón]]) e o [[Arcebispo de Toledo]] (cardeal [[Baltasar Moscoso y Sandoval]]) como máxima autoridade relixiosa na Monarquía.
 
Cando se abriu o testamento de Filipe IV, un dos membros da Xunta xa falecera: quedaba así vacante o posto do [[Arquidiocese católica latina de Toledo|Arcebispado de Toledo]]. O seu titular, o cardeal Baltasar Moscoso y Sandoval, morrera só unhas horas antes que [[Filipe IV de España|Filipe IV]]. A raíña houbo de buscar solucións e coa intención de deixar vacante o posto de Inquisidor Xeral, obrigou a don Pascual de Aragón a ocupar o Arcebispado de Toledo. Deste xeito o posto de inquisidor quedou libre para ser copado pouco despois polo máximo confidente da raíña: o seu confesor o pai [[Juan Everardo Nithard]].
 
=== O valemento de Juan Everardo Nithard ===