Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
/
Liña 24:
=== Retículo endoplasmático rugoso ===
[[Ficheiro:Clara cell lung - TEM.jpg|miniatura|315px|Micrografía do RER arredor do [[núcleo celular|núcleo]] dunha célula. Os círculos pequenos escuros son [[mitocondria]]s.]]
O '''retículo endoplasmático rugoso''' (RER) ten esa aparencia debido aos numerosos [[ribosoma]]s adheridos á súa membrana mediante unhas proteínas denominadas "riboforinas". Ten uns sáculos máis arredondados cuxo interior se coñece como "luz do retículo" ou [[lume (bioloxía)|"lume"]] onde caen as proteínas sintetizadas nel. Está moi desenvolvido nas células que pola súa función deben realizar un activo labor de síntese, como as células [[Fígado|hepáticas]] ou as células do [[páncreas]].
<ref name="campbell">Campbell, Neil A. (1996) ''Biology Fourth Edition.'' Benjamin/Cummings Publishing, pp. 120-121 ISBN 0-8053-1940-9</ref> Non obstante, os ribosomas unidos ao retículo non son unha parte estable do mesmo, xa que se están unindo e liberando das súas membranas continuamente. Un ribosoma [[citosol|citosólico]] só se une ao ribosoma se empezou a sintetizar unha proteína destinada á [[vía secretora]] (para a exportación), <ref name="lodish">Lodish, Harvey, et al. (2003) ''Molecular Cell Biology 5th Edition''. W. H. Freeman, pp. 659-666 ISBN 0-7167-4366-3</ref> a cal ten unha secuencia de 5-15 aminoácidos [[hidrofóbico]]s precedida por un aminoácido cargado positivamente ([[péptido sinal]]), que é recoñecida por unha [[partícula de recoñecemento do sinal]], que une o ribosoma ao retículo. A partir de entón o ribosoma continúa a síntese proteica introducindo a proteína dentro do retículo endoplasmático, onde a secuencia hidrofóbica sinaladora é eliminada. Cando acaba a súa misión o ribosoma libérase outra vez do retículo.