NADPH oxidase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 17:
En circunstancias normais, o complexo está latente en [[neutrófilo]]s e é activado para que se ensamble nas membranas durante a [[explosión respiratoria]].
 
A NADPH oxidase xera [[superóxido]] ao transferir [[electrón]]s desde o [[NADPH]] do interior da célula a través da [[membrana plasmática]] e acoplar estes co [[oxíxeno molecular]] para producir o anión superóxido, un [[radical libre]] reactivo. O superóxido pode ser producido en [[fagosoma]]s, que conteñen [[bacteria]]s ou [[fungo (bioloxía)|fungos]] inxeridos, ou pode producirse fóra da célula. Nos fagosomas, o superóxido pode formar espontaneamente [[peróxido de hidróxeno]] que sofre outras reaccións para xerar [[especies reactivas do oxíxeno]].
 
O superóxido mata as bacterias e fungos por mecanismos que non se comprenden totalmente, pero poden inactivar encimas metabólicos fundamentais, iniciar a [[peroxidación de lípidos]], e liberan ferro activo en reaccións [[redox]], o cal pwemite a xeración de oxidantes indiscriminados como o radical hidroxilo. Crese que o superóxido mata directamente as bacterias, xa que a virulencia de moitos patóxenos é drasticamente atenuada cando se eliminan os [[xene]]s da [[superóxido dismutase]] (SOD). Porén, os produtos formados despois a partir do superóxido tamén inclúen o [[peróxido de hidróxeno]] e o [[ácido hipocloroso]], que é o axente reactivo da [[lixivia]].