Explosión respiratoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
traducido de en:Respiratory burst
 
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
A explosión respiratoria ten unha importante función no [[sistema inmunitario]]. É unha reacción fundamental que ocorre nos [[fagocito]]s para degradar partículas internalizadas e bacterias.
 
ANa explosión respiratoria intervén a [[NADPH oxidase]],. A explosión respiratoria ten importancia en doenzas vasculares asociadas coa [[diabete]]. A NADPH oxidase pertence a unha familia de [[encima]]s que se encontran nos vasos sanguíneos (en concreto intervén na [[enfermidade vascular]]), produce [[superóxido]], o cal se recombina espontaneamente con outras [[molécula]]s para producir [[radical libre|radicais libres]] reactivos. O superóxido reacciona co [[óxido nítrico|NO]], o que ten como resultado a formación de [[peroxinitrito]], que reduce o [[óxido nítrico|NO]] bioactivo necesario para dilatar as [[arteriola]]s terminais do [[sistema circulatorio]] e alimentar as [[Arteria|arterias]] e a resistencia das arterias. O [[anión]] superóxido, peroxinitrito, e outras especies reactivas do oxíxeno tamén orixinan unha [[patoloxía]] por medio da [[Redox|peroxidación]] das [[proteína]]s e [[lípido]]s, e pola activación de fervenzas de sinalización sensibles ao redox e [[Nitrosilación|nitrosilación de proteínas]]. Suxeriuse que a activación da NADPH oxidase depende da activación previa da [[Proteín quinase C|PKC]].<ref name="pmid12874436">{{cite journal |author=Inoguchi T, Sonta T, Tsubouchi H, Etoh T, Kakimoto M, Sonoda N, Sato N, Sekiguchi N, Kobayashi K, Sumimoto H, Utsumi H, Nawata H |title=Protein kinase C-dependent increase in reactive oxygen species (ROS) production in vascular tissues of diabetes: role of vascular NAD(P)H oxidase |journal=J. Am. Soc. Nephrol. |volume=14 |issue=8 Suppl 3 |pages=S227–32 |year=2003 |pmid=12874436 |doi=10.1097/01.ASN.0000077407.90309.65}} [http://jasn.asnjournals.org/cgi/content/full/14/suppl_3/S227 Free full text]</ref> A [[mieloperoxidase]] usa o [[peróxido de hidróxeno]] das especies reactivas do oxíxeno para producir [[ácido hipocloroso]]. Moitos estímulos vasculares, como todos os coñecidos que producen [[resistencia á insulina]], activan a NADPH oxidase por medio tanto do incremento da [[expresión xénica]] coma de mecanismos de activación complexos.
 
Para combateren as infeccións, as células inmunitarias usan a NADPH oxidase para reducir o O<sub>2</sub> ao radical libre oxíxeno e despois a H<sub>2</sub>O<sub>2</sub>. Os neutrófilos e monocitos utilizan a mieloperoxidase para combinar o H<sub>2</sub>O<sub>2</sub> con Cl<sup>-</sup> para producir [[hipoclorito]], que exerce un papel na destrución de bacterias. A ausencia de NADPH oxidase impide a formación de [[especies reactivas do oxíxeno]] e dá lugar a unha [[enfermidade granulomatosa crónica]].