Streptococcus pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 39:
A [[transformación xenética]] natural bacteriana implica a transferencia de ADN desde unha bacteria a outra a través do medio que as rodea. A transformación é un proceso do desenvolvemento complexo que require enerxía, dependente da [[expresión xénica|expresión]] de numerosos xenes (en ''S. pneumoniae'' cómpren polo menos 23 xenes). Para que unha bacteria se una e capte ADN exóxeno e o recombine no seu cromosoma debe de entrar nun estado fisiolóxico especial, chamado competencia.
 
A competencia en ''S. pneumoniae'' é inducida por axentes que danan o ADN, como a mitomicina C (un axente que promove enlaces cruzados entre fibras de ADN) e os [[antibiótico]]s fluoroquinolonas, como norfloxacina, levofloxacina e moxifloxacina (inhibidores da [[topoisomerase]] que causan roturas na dobre hélice do ADN).<ref>{{cite journal |author=Claverys JP, Prudhomme M, Martin B |title=Induction of competence regulons as a general response to stress in gram-positive bacteria |journal=Annu. Rev. Microbiol. |volume=60 |issue= |pages=451–75 |year=2006 |pmid=16771651 |doi=10.1146/annurev.micro.60.080805.142139 |url=}}</ref> A transformación protexe a ''S. pneumoniae'' contra os efectos bactericidas da mitomicina C.<ref>{{cite journal |author=Engelmoer DJ, Rozen DE |title=Competence increases survival during stress in Streptococcus pneumoniae |journal=Evolution |volume=65 |issue=12 |pages=3475–85 |year=2011 |month=December |pmid=22133219 |doi=10.1111/j.1558-5646.2011.01402.x |url=}}</ref> Michod et al.<ref>{{cite journal |author=Michod RE, Bernstein H, Nedelcu AM |title=Adaptive value of sex in microbial pathogens |journal=Infect. Genet. Evol. |volume=8 |issue=3 |pages=267–85 |year=2008 |month=May |pmid=18295550 |doi=10.1016/j.meegid.2008.01.002 |url=}}http://www.hummingbirds.arizona.edu/Faculty/Michod/Downloads/IGE%20review%20sex.pdf </ref> recompilaron probas de que a indución da competencia en ''S. pneumoniae'' está asociada cun incremento da resistencia ao [[estrés oxidativo]] e un incremento da expresión da proteína RecA, un compoñente chave da maquinaria de reparación recombinacional para reparar os danos no ADN. Baseándose nestes descubrimentos, suxeriron que a transformación é unha adaptación para a reparación dos danos oxidativos no ADN. A infección por ''S. pneumoniae'' estimula os [[leucocito]]s polimorfonucleares ([[neutrófilo]]s) a producir unha [[explosión oxidativa]], que é potencialmente letal para as bacterias. A capacidade de ''S. pneumoniae'' de reparar os danos oxidativos no ADN do seu xenoma, causados polas defensas do hóspede, probablemente contribúe á virulencia deste patóxeno.
 
==Infección e diagnose==