Abrir o menú principal

Cambios

A IL-8 ten dúas funcións. Induce a [[quimiotaxe]] en células diana, principalmente en [[neutrófilo]]s e outros [[granulocito]]s (por iso tamén se lle chama ''factor quimiotáctico de neutrófilos''), causando que estes [[migración celular|migren]] cara ao sitio de [[infección]]. A IL-8 induce tamén a [[fagocitose]] unha vez que estas células chegaron ao seu destino. A IL-8 tamén é un potente promotor da [[anxioxénese]]. Nas células diana, a IL-8 induce unha serie de respostas fisiolóxicas necesarias para a migración e a fagocitose, como un incremento do Ca<sup>2 +</sup> intracelular, a [[exocitose]] (por exemplo, a liberación de [[histamina]]), e a [[explosión respiratoria]].
 
A IL-8 pode ser segregada por calquera célula que teña [[receptor de tipo Toll|receptyoresreceptores de tipo Toll]], que están implicados na [[inmunidade innata|resposta innata inmunitaria]]. Usualmente, os [[macrófago]]s son os que detectan primeiro un [[antíxeno]], polo que son as primeiras células que liberan IL-8 para recrutar outras células. Tanto as formas [[monómero|monómeras]] coma as [[homodímero|homodímeras]] da IL-8 son potentes indutores dos receptores de quimocinas CXCR1 e CXCR2. O homodímero é máis potente, pero a [[metilación]] da [[leucina|Leu]] 25 pode bloquear a actividade dos homodímeros.
 
Crese que a IL-8 desempeña unha función na patoxénese da [[bronquiolite]], que é unha doenza común do tracto respiratorio causada por infeccións virais.
174.352

edicións