Natación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: fa:شنا (strong connection between (2) gl:Natación and fa:شناکردن انسان)
m Información adicional
Liña 1:
[[Ficheiro:Swimming.breaststroke.arp.750pix.jpg|dereita|miniatura|Imaxe dunha persoa practicando a natación.]]
A '''natación''' é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na [[auga]], por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico xa que se moven de forma coordinada todos os grupos musculares e mellórase a resistencia.
 
A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método [[recreativo]] e un [[deporte]], utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de [[perla]]s, algúns tipos de [[pesca|pescadores]] e aos científicos que investigan a [[fauna]] e [[flora]] marítimas.
 
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.
 
Os seus usos principais son o baño, o buceo, a pesca submariña, salvamento acuático, actividade lúdica, exercicio e deporte.
 
==Deporte==