Unión Europea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Sen resumo de edición
Liña 141:
A '''Unión Europea''' ('''UE''') é unha [[Organización Internacional|organización internacional]] constituída actualmente por 28 [[estado]]s [[Europa|europeos]]. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da [[CEE]], en vigor dende a década de [[1950]], porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até [[1992]] durante o [[Tratado da Unión Europea]] (normalmente coñecido como [[Tratado de Maastricht]]). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en [[Bruxelas]], [[Luxemburgo]] e [[Estrasburgo]]. O [[12 de outubro]] de [[2012]] a Unión foi galardoada co [[Premio Nobel da Paz]] pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".
 
A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha uniónaunión aduaneira), dunha [[Euro|moeda única]] (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política [[Agricultura|agrícola]], [[Pesca|pesqueira]], [[Comercio|comercial]] e de [[transporte]]s común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordenación das actividades [[Xustiza|xudiciais]] e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.
 
O [[Tratado de París (1951)|Tratado de París]] ([[1951]]), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o [[Tratado de Roma]] ([[1957]]), instituíndo a [[Comunidade Económica Europea]] e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou [[Euratom]], foron asinados por seis membros fundadores: [[Alemaña]], [[Bélxica]], [[Francia]], [[Italia]], [[Luxemburgo]] e [[Países Baixos]]. [[Bélxica]], [[Países Baixos]] e [[Luxemburgo]] acordaran anteriormente formar o chamado [[Benelux]].