Sidra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
A sidra aparece tamén mencionada no ''Libro do peregrino'' do ''[[Códice Calixtino]]''. No libro V, capítulo VII, "Dos nomes das terras e das particularidades das xentes que se atopan no camiño de Santiago": {{cita|Vén logo a terra dos galegos, pasados os confíns de León e os portos de Monte Irago e Cebreiro. É unha terra frondosa de ríos, prados e extraordinarios verxeis, bos froitos e clarísimas fontes, pero escasa en cidades, vilas e terras de labor, escasa en pan, trigo e viño pero abundante en pan de centeo e sidra, ben abastecida en gandos e cabalerías, en leite e mel, e en peixes de mar, grandes e pequenos.}}
 
Galicia é con moito a comunidade que máis mazá sidreira produce no conxunto de todo o estado español, por riba de comunidades productorasprodutoras coma Asturias ou Euskadi, que importan o produto galego. En 2006 a produción galega de mazá sidreira situosesituouse nas 60.000 toneladas mentres que a de Asturias pasaba por entre 35.000 e 40.000 e a de Euskadi por 8.000<ref>{{Cita novas | título= "Galicia es la mayor productora de manzana sidrera de toda España, con una producción anual de 60.000 toneladas" | url= http://www.vigometropolitano.com/news/289/ARTICLE/2270/2007-11-21.html | xornal= vigometropolitano.com | data= 21/11/2007}}</ref>.
 
Esta bebida dá nome a varios lugares, como As Sidras ([[Carnota]]), A Leira da Sidra ([[As Somozas]]), A Fonte da Sidra ([[Vigo]]), O Hórreo da Sidra ([[A Pontenova]]), O Lugar da Sidra ([[Cospeito]]), Pereira-Sidral, ([[O Valadouro]]), A Sidreira ([[Paderne]]) ou Os Sidreiros ([[As Somozas]]). Amais, existen numerosos lugares con nomes referidos a [[lagar]]es (tamén destinados a facer [[viño]]) ou terreos nos que se dá a [[maceira]].
 
Hai [[Festa gastronómica|festas gastronómicas]] adicadas a este produto en [[Fornelos de Montes]], [[Guitiriz]], [[San Tomé de Piñeiro, Marín|San Tomé de Piñeiro]] ([[Marín]]), [[Bembrive, Vigo|Bembrive]] (Vigo), [[Redondela]] e [[A Estrada]]. Ademais, en [[Chantada]] existe unha planta de produción industrial propiedade do grupo [[Hijos de Rivera]], que comercializa a sidra co nome de Maeloc e na Estrada a empresa [[Lagar de Ribela]] produce a súa propia sidra con mazá ecolóxica. Outras iniciativas empresariais que apostan por esta bebida en Galicia son, entre outras [[Horta do Couto]] ([[Noia|(Noia]]) ou Mazagal ([[Narón]]).
 
==Galería de imaxes==