José Sánchez Bregua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Era de familia humilde e entrou no exército coma soldado raso, en [[1835]], loitando contra os carlistas na primeira guerra civil. Dende [[1844]] ata 1850 estivo coma alférez en [[Filipinas]], e en 1852 ascendeu a capitán. Durante a guerra de África desempeñou o negociado de campaña no Ministerio da Guerra, e, a partir de entón, grazas ás súas dotes como militar e organizador, a súa carreira foi rápida e brillante. En [[1868]] ascendeu a xeneral de división. Foi Subsecretario da Guerra con [[Joan Prim i Prats|Prim]], e á morte deste, [[Capitanía Xeneral de Galicia|Capitán Xeneral de Galicia]]. Neste último cargo reprimiu persoalmente a insurrección federal do Arseal de [[Ferrol]], polo que foi ascendido a tenente xeneral. Foi Ministro de Guerra no Gabinete de Castelar. Era ministro, polo tanto, ao producirse o [[Golpe de Estado]] do xeneral [[Pavía]]. Despois da [[Restauración borbónica en España|Restauración]] foi elixido senador pola [[provincia de Lugo]] en [[1877]], edeputado a Cortes polo distrito de Huesca nas [[Eleccións Xerais 1879 en España|eleccións de 1879]], senador pola [[provincia da Coruña]] (1879-1880) e en [[1881]] foi nomeado senador vitalicio.
 
Foi soterrado na Coruña o [[20 de xuño]] de [[1897]]. A gravación do seu enterro, coñecida como ''[[Entierro del General Sánchez Bregua]]'', está considerada o primeiro filme cinematográfico rodado en [[Galicia]], se ben a cinta non se conserva.