Loureiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 20:
Na [[Grecia Antiga]] as coroas confeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Ese costume tamén se herdou na [[Roma]] na época dos Césares. Por iso o termo laureado deriva xustamente do xénero ''Laurus''.
 
En [[Galicia]] ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos. Recibe tamén o nome de '''gamallo'''<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=gamallo}}</ref>. Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como ''L. nobilis'' no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de ''L. azorica'' que da poboación de ''L. nobilis'' nativa en [[Francia]] e [[Italia]]<ref>Arroyo-García, R., Martínez-Zapater, J.M., Fernández Prieto, J.A., & Álvarez-Arbesú R. (2001). AFLP evaluation of genetic similarity among laurel populations. ''Euphytica'' 122 (1): 155-164.</ref> É certo que en Galicia os loureiros soenadoitan medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Laurier.jpg|thumb|left|Loureiro en flor.]]
[[Ficheiro:Laurel berries.jpg|thumb|left|Froitos ''in situ''.]]
O loureiro común é unha árbore [[dioico|dioica]] de [[perennifolio|folla persistente]] de 5-10 m de altura, de [[Talo|toro]] recto coa [[casca]] cinsenta e a copa mesta, escura. Ramallos ergueitos. [[Folla]]s azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea, recendente, co borod en ocasións algo ondulado. As follas dos exemplares en Galiza soenacostuman ser menos coriáceas, máis claras e anchas, especialmente cando medran en locais húmidos e sombrizos. Ápice agudo e base atenuada. Miden uns 3-9&nbsp;cm de lonxitude e posúen curto [[pecíolo]]. A [[face (botánica)|face]] é de cor verde escura lustrosa, mentres que o [[envés]] é máis pálido. [[Flor]]es dispostas en [[umbela]]s sésiles de 4-6 flores. As flores, de 4 [[pétalo]]s aparecen en marzo-abril, e son amarelentas. Flores masculinas con 8-12 [[estame]]s de arredor de 3 mm, case todos provistos de 2 [[nectario]]s opostos, subbaxilares; [[xineceo (botánica)|xineceo]] rudimentario. Flores femininas con 2-4 estaminodios apendiculados; [[ovario]] subsésil; [[estilo (botánica)|estilo]] curto e groso con [[estigma (botánica)|estigma]] trígono. O [[froito]] é unha [[baga]], ovoide, de 10-15 mm, negra na madureza, suavemente acuminada con [[pericarpo]] delgado. Semente única de 9 por 6,5 mm, lisa. Madura a principios do outono.<ref>[http://www.floraiberica.es/floraiberica/texto/pdfs/01_032_01_Laurus.pdf L. Villar: ''Laurus nobilis'' en Castroviejo, S. (coord. gen.), 1986-2012, ''Flora Ibérica'', RJB/CSIC, Madrid]</ref>
 
== Cultivo ==
[[Ficheiro:Illustration Laurus nobilis0.jpg|thumb|Loureiro en [[Otto Wilhelm Thomé]], ''Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz''. 1885]]
 
Pódese multiplicar por [[semente]]s e por [[esgallo]], tanto de raíz como de talo (espeques). A multiplicación por sementes é moi amodo. Cómpre apañar a semente en zonas onde existan pés dos dous sexos, debéndose coller só os froitos que están na planta e non nos que fican no chan, pois soenadoitan estar fermentados. A semente limpa xermola mellor ca que conserva o pericarpo seco. Os tratamentos de mergullo en auga da semente aumente e aceleran a xerminación. O loureiro é unha planta pouco esixente en solos, aínda que va mellor naqueles soltos y frescos. Atura moi ben a [[poda]], de feito é moi común cultivar arboriñas podadas formando bólas en vasos para [[xardinaxe]]. É, porén, sensíbel a [[parasito]]s que soenacostuman poblalapoboala, algúns dos máis comúns son:
* [[Coccoidea|Cochinillas]] son o seu principal inimigo (o 90% dos loureiros pórtanas). Sobre a melaza que secretan estas, aséntase o fungo ''[[Tricholoma terreum]]'', que máis que dano fai que perda estética.
* Sila (''[[Trioza alacris]]''), unha praga que produce síntomas chamativos. As follas aparecen engurradas como consecuencia das picaduras deste pequeno insecto chuchador. É difícil ver o causante pois non fica estático na folla.